Conxecturas

Conxecturas

By José Antonio MartínezSociety & CulturePersonal Journals
Download on the App Store

Conxecturas episodes

  • 110. Un elefante na sala

    This is episode 111 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 26 de agosto de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

    Es dos que ven os problemas mais prefires non falar deles?

    Mércores, 26 de agosto. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
    A mediados do século pasado, en Estados Unidos, difundiuse unha expresión que chegou a moitas linguas, coma a galega. "An elephant in the living room", que se traduce como "un elefante na sala de estar". Aínda que esta expresión, cunha imaxe tan potente, parece que nun principio se refería a ese tipo de comportamento onde se reparaba en pequenos detalles, pasando por alto os realmente grandes e importantes, na actualidade fai referencia a un problema ou unha situación, moi importante, dramático, que é evidente para todo o mundo, mais do que non se fala porque resulta incomódo, doloroso ou conflitivo.
    Cales son os teus elefantes brancos? A quen facedes prestos, que temas son os que realmente vos preocupan e dos que non queredes ou non podedes falar? Por que credes que pasa isto?

    1 min
  • 109. Modo Bernardo

    This is episode 110 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 25 de agosto de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

    o pobre é outro que tivo vacacións. É un perfil de rapaz que lle fai ben á cabeza non facer nada durante o período de vacacións, que se presentou nunha plataforma de forma bastante inferior e ten que medrar, mais Bernardo é un xogador tremendo".

    DATA: Martes, 25 de agosto.
    Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
    Xusto un mes despois do meu parón vacacional.
    E como non me sentir identificado co que dixo Mourinho sobre o seu xogador Bernardo Silva? Ben, en todo, agás no de ser un xogador tremendo, que a miña relación cun balón de fútbol é menor que a práctica do sumo xaponés.
    Mais si, o corpo pedíame non facer nada neste mes de agosto e hai que estar atento ás mensaxes que che envía, e facerlle caso. Así metín literalmente nun estante todo o relativo ao laboral, así como esta afección chamada prestocast. Mais isto de volta, uníndome a outros que tamén reinician a súa actividade de PrestoCast. Grazas aos que mantiveron a plataforma activa neste caloroso agosto e que nos deron prestos a quen non os fixemos.

    1 min
  • 108. Vacacións. @apalabradodia

    https://prestocast.com/apalabradodia/

    Bo día, aquí José Antonio co prestocast diario para descubrir o galego palabra a palabra. A palabra de hoxe é vacacións, substantivo feminino. Período de tempo durante o cal non hai que asistir ao traballo ou ás clases, dedicado polo xeral a descansar e a actividades distintas das habituais. Observacions: Emprégase sobre todo en plural.

    Se te gustou suscríbete para non perder a próxima palabra a A palabra do día, de Xabi, @apalabradodia. Neste día nacional de Galicia hai que darlle as grazas por achegarnos diariamente unha palabra da nosa lingua. Este minuto é unha pequena homenaxe ao seu traballo. A ver se van xurdindo máis iniciativas coma este e se amplía o repertorio de prestos en galego.
    Graciñas pola escoita e deica a volta das vacacións.

    1 min
  • 107. Violencia machista e Mundial de Fútbol

    https://elpais.com/sociedad/2026-07-23/las-llamadas-al-016-crecieron-un-1208-en-las-horas-posteriores-a-que-espana-ganara-el-mundial.html

    https://elpais.com/sociedad/2026-07-23/hay-relacion-entre-el-mundial-y-la-violencia-machista.html

    Hai relación entre o Mundial de fútbol e a violencia machista?

    Venres, 24 de xullo.
    Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
    Pois resulta que si, e xa existen estudos que vinculan violencia machista cos resultados das grandes competicións deportivas. E como escribe o xornalista de El País, sorprende que todo o mundo vexa a relación entre celebracións e disturbios urbanos (París, coma gran exemplo), mais non a relación coas agresións ás mulleres.
    E os estudos din que dá igual que o teu equipo gañe ou perda, a violencia machista faise presente: os agresores utilizan calquera escusa para exercela.
    A violencia machista existe. E os grandes eventos deportivos, non fan máis que avivala, aínda que non se nos conte (os datos non se poden ocultar).
    O domingo foi un exemplo. Aumentaron en España un 120,8% ahs chamadas ao 016, e máis dun 1000% os emails.
    Hai que falar disto. Ten que ser visible. Temos que facer real iso de violencia 0 dentro e fóra dos campos. E aquí tamén ter presente a violencia machista.

    1 min
  • 106. Sen móbil.

    This is episode 107 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 22 de xullo de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

    Nada dramático. Estive en sin móvil. Simplemente un cambio de batería. Mercos 22 de suyo, son José Antonio e isto é con seturas. O primero que fixen despois de deixalo na tenda foi levar a mano o peto. Sentía que me faltaba algo. Pásate o no lógico, dignos. Antes de deixalo, aparquei na zona azul e activei o estacionamento coa app. 145 minutos. Non podía aproveitar o tempo para cargar o coche eléctrico, porque precisaba outra aplicación. Avisei con a chamada telefónica o meu contacto AA que ia estar un par de horas desconectados por se acaso Revisei que levaba a tarjeta bancaria un billete que por sorte tiña na casa e algúnas moedas Recuperar vellos hábitos Pagar o café en efectivo O que máis botei en falta Pasear sen escuitar podcast nin prestos Consultar as últimas novidades e revisar as mensaxes e correos por enésima vez Moito mudaría se estiveses en móvil PrestoCast

    1 min
  • 105. Pisos compartidos universitarios, Gandhi e a independencia da India

    This is episode 106 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 20 de xullo de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

    Sería Gandhi un bo compañeiro de piso?

    Luns, 20 de xullo.
    Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
    Moitas familias, sobre todo as que teñen fillas/os que se incorporan á Universidade, poden respirar tranquilas cando conseguiron alugar un piso para o curso escolar. O alumnado tamén sofre estrés. Con que irei? Con alguén descoñecido? Seguiremos sendo amigas se imos vivir xuntas? A nosa amizade pode sobrevivir á nosa convivencia?
    Gandhi defendía que a limpeza das letrinas (váteres) e limpar a túa suciedade (caca, por suposto, incluída), era unha responsbilidade de todas as persoas. Para independizar á India, cada un, el o primeiro, tiña que asumir esta responsabilidade: facía digno este tarefa, recoller teus excrementos era o símbolo dunha nova sociedade, onde realmente todas as persoas eran iguais, non había inferiores que facían os traballos menos dignos para ti.
    Pequenos (grandes) detalles que podemos aprender na convivencia dun piso universitario, que poden que sexan a base real da construción dunha sociedade máis xusta.

    1 min
  • 104. Referentes: Antón Martínez Aneiros

    https://www.religiondigital.org/dios_en_la_frontera/antonio-martinez-aneiros-cura-obreros_132_1461245.html

    Entereime hoxe do falecemento de Antón Martínez Aneiros.

    Domingo, 19 de xullo.
    Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
    Non podo máis que agradecer coincidir con persoas coma Antón Martínez Aneiros. Rachan cos imposibles, enfróntante a calquera tipo de escusas. Foi a representación viva de que outra política é posible. 1º alcalde democrático de Narón, deputado do Parlamento de Galicia, saiu como entrou, sen enchufes nin portas xiratorias. Primeiro ao paro, logo como monitor de autoescola. Máis importante é o seu concepto da política como servizo á cidadanía e a busca de construír unha sociedade mellor.
    No seu papel na Igrexa, que é aí é onde o coñecín, é un exemplo do que significa o seguimento de Xesús: sacerdote inicialmente, perseguido e encarcerado polo franquismo, promotor do movemento Somos Igrexa. Todo un referente. Un bo exemplo polo que paga a pena nos comprometer. Outra cousa é que sexamos quen de facelo.

    1 min
  • 103. Podcasting independiente, amateur ou cidadán.

    https://prestocast.com/yoyo308

    https://emilcar.fm/2026/07/10/cadiernos-de-dos-en-dos/
    https://www.desdeelreloj.com/e1361/

    Xa que os podcasters se van de vacacións, falemos de podcasting.

    Venres, 17 de xullo.
    Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
    A miña chegada como ouvinte de podcast chegou grazas a Yoyo Fernández, @yoyo308, quen de youtuber linuxeiro pasou a podcaster. O que me fixo chegar foi atopar un espazo de persoas falando a persoas, cada quen coas súas pecualiaridades, cos seus temas e teimas. Sempre con proximidade (até os meus oídos), e con sinceridade.
    O venres pasado escoitaba o último Bala Extra antes das vacacións, onde Pedro Sánchez, @elojoqueves, conducía unha conversa a 3 que recomendo totalmente.
    Hoxe tócalle o último do ano, digamos lectivo, a Jacobo Vidal Pascual, @vidalpascual, no seu "Desde el Reloj". Imprescindible. Non hai máis que achegarse a estes dous exemplos para entender o que signfica podcasting independente, amateur ou cidadán, como prefiras. E por que o podcasting me gusta tanto.

    1 min
  • 102. Os negros non existen

    https://angelicadass.com/es/fotografia/humanae/

    Os negros non existen.

    Xoves, día do Carme.
    Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
    Con esta frase tan impactante titulábase unha actividade pensada para alumnado de 2º ESO.
    Daba para a reflexión e para o debate. Había un alumno que estaba totalmente en desacordo e non paraba de xesticular mostrando desaprobación. Tomou a palabra e dixo: "Como que no? Nosotros, los blancos...". Fíxose un silencio. Jonatán, alumno de etnia xitana, continou a súa intervención observado polo resto do alumnado paio.
    Onte me contaban como se confunde o concepto biolóxico de raza, que si existe para outras especies (animais e vexetais), mais que non ten base cientítica para os seres humanos (o homo sapiens sapiens).
    Se aínda existen persoas que cren no terraplanismo, canto tardaremos en asumir coma sociedade esta realidade, a raza como construción ideolóxico?

    1 min
  • 101. Escoitando desde outra perspectiva

    https://prestocast.com/laracapeans/71

    https://prestocast.com/laracapeans/72

    Martes, Día Nacional en Francia, son José Antonio e isto é Conseturas Interpelado polos dous últimos prestos de Lara Capeans No episodio 71 animaba máis mulleres a gravar prestos e podcast E no 72 a buscar unha maior pluralidade de escoitas Sobre todo para os escoitantes homens Fago a miña auditoría En PrestoCast sigo no 25 persoas, 22 mulleres ou 23,1% No que respeto aos podcast, estou suscrito actualmente a 255 que contan con aproximadamente 340 persoas escoito a 62 mulleres, un 18 con 23. Faime preguntarme se non serei o trabacano millo e que de verdade podo aportar nun mundo cargado de visión masculina. Sobre as escoitas, constato de novo algo que se intuía ahora con datos. É cuestión de incluir a perspectiva de xénero nas miñas novas escoitas e traelo aquí a fins de ano. O problema non vai ser abrirme as novas escoitas, senón cales desbotardas actuais. O tempo é limitado. PrestoCast

    1 min

About Conxecturas

From the publisher's feed

Opinións ou xuízos formados sobre meros indicios ou aparencias, sen un fundamento certo.