Desde la Diócesis de Tui-Vigo, a través de la Vicaría de Pastoral y la delegación de Medios de Comunicación Social, te proponemos este itinerario de espiritualidad para rezar con el Evangelio de cada día desde la Cuaresma hasta Pentecostés.
Reflexión escrita por el sacerdote diocesano Javier Alonso.
Somos moi dados a darmos consellos, dicir o que teñen que facer os demais e solucionar os seus conflitos, tanto os internos como os de relación.
Estamos afeitos a sermos guieiros, encamiñar a vida e ter a solución aos problemas sociais, económicos e ata de orde mundial.
Somos quen de ocupar o posto de mando, dar ordes e por o rumbo ao buque, aínda que se estampe contra un iceberg.
Somos quen de falar de empatía, resiliencia e “outros palabros” da psicoloxía, por obxectivos e adaptar a linguaxe á nosa razón.
Pero, pornos no lugar do outro? Intentar entender o seu corazón? Dispornos a entregar a vida?
Abre os ollos e mira ao pastor. Abre o corazón e déixate guiar. O Señor Resucitado deixou mallar no seu corpo, furar a súa carne, pendurar coma un criminal. O Pastor polas ovellas, o inocente polos culpables.
Ser discípulo é camiñar detrás de quen nos ama.