Desde la Diócesis de Tui-Vigo, a través de la Vicaría de Pastoral y la delegación de Medios de Comunicación Social, te proponemos este itinerario de espiritualidad para rezar con el Evangelio de cada día desde la Cuaresma hasta Pentecostés.
Reflexión escrita por el sacerdote diocesano Francisco Cabaleiro.
Xesús segue anunciando dificultades: “botaranvos das sinagogas, e chegará un tempo no que, quen vos dea morte, pensará que dá culto a Deus”.
O sufrimento dos cristiáns é a continuación do sufrimento de Cristo. Xesús quere que cando cheguen eses momentos, permanezamos fortes na fe. Temos que ser testemuñas de Xesús e da súa Boa Nova.
Xesús prométenos o seu Espírito. A súa forza é necesaria para poder dar testemuño. O Espírito será o noso defensor.
Os cristiáns non o tiveron fácil, nin o temos. Seguir a Cristo non é tarefa doada. A cruz de Cristo é extensible a todos os seus seguidores.
A fidelidade a Xesús, á súa mensaxe, e o seu anuncio, é normal que suscite incomodidade. Ó mundo moléstalle que lle lembren as situacións de inxustiza, as situacións contra a dignidade humana…
Ser testemuña do Evanxeo de Xesús, leva moitas veces consigo sufrimento e martirio.
Sexamos valentes no mundo de hoxe, sexamos testemuñas de Xesús coa forza do Espírito.