Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Hydn, cantante | Festival Boas Vibes
    Sandra Guedev, coñecida artisticamente como Hydn, é unha das artistas que actuará no Festival Boas Vibes que se celebrará o sábado 6 de setembro na Alameda de San Domingos en Tui.
    Actuará ás 20 h cunha proposta que mestura danza, música en directo e dj. Hoxe na nosa sintonía daba conta de como será o seu espectáculo e do estilo musical que a identifica.
    6 min
  • Ent. Marián Fernández, profesora da Universidade de Vigo| “O poder do exercicio físico no coidado da muller”
    Mañá martes prosegue en Tui o proxecto Feminino Plural. Será cun taller que leva por título "O poder do exercicio físico no coidado das mulleres" ás 11 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.
    A profesora da Universidade de Vigo Marián Fernández será a encargada de impartir este taller, e con ela coñecemos hoxe as claves da cita de mañá.
    7 min
  • Ent. Carlos García e David Merino, do AD Tomiño |II Torneo “O Camiño de Pablo Durán”
    O campo da Carballa, en Tomiño, acolle mañá sábado, a partir das 10.30 horas o segundo torneo “O Camiño de Pablo Durán” no que se enfrontarán os equipos que formaron parte da carreira deportiva do xogador tomiñés que actualmente milita no Celta. O torneo está organizado polo AD Tomiño, e participarán o Porriño Industrial, o Compostela, o Celta e o propio Tomiño. Así nolo contaron hoxe Carlos García e David Merino, do AD Tomiño.
    6 min
  • Ent. Iñaki Echeveste, director xerente da Rede de Xuderías de España | Proxecto Phygital
    “Phygital. Localización, comunicación e propostas. Experiencias en tempo real” é un proxecto da Red de Juderías, no que participa o Concello de Tui.
    Hoxe coñecemos esta iniciativa que une tecnoloxía avanzada, estratexias de comunicación e unha vocación patrimonial con Iñaki Echeveste, xerente da Red de Juderías.
    En Tui foron instalados no conxunto histórico dous nódulos para a recollida de datos.
    10 min
  • Ent. Jorge Pazo - Divergente Dj no Festival da Luz
    O tudense Jorge Pazo, Divergente Dj, estará hoxe no Espazo Vibra Mahou no Festival da Luz, en Boiomorto, con distintas sesións ao longo da tarde e na noite. Hoxe contounos o especial que el para el esta participación no Festival da Luz, que considera é un premio a moitos anos neste mundo da música. Lembraba amais o carácter solidario do festival, este ano en beneficio dos damnificados pola DINA de Valencia.
    6 min
  • Ent. Gabriel Fandi, cantante | Cambio de nome artístico
    O cantante tomiñés G-Face muda o seu nome artístico e a partir de agora denominarase Gabriel Fandi, o seu nome cunha abreviatura do seu apelido Fandiño.
    Un cambio de denominación que irá realizándose pouco a pouco nas súas redes sociais e plataformas onde está a súa música.
    Gabriel Fandi anuncia xa o lanzamento dunha nova canción a finais de setembro. Así nolo contou hoxe o artista.
    3 min
  • Ent. Laura Solla, do Club Atletismo Tui | Comezo da temporada
    O Club Atletismo Tui comeza o 9 de setembro a súa nova temporada, coincidindo co fin das vacacións escolares. Dende entón realizarán dous adestramentos por semana, tanto para adultos como cativos nas instalacións da Macoca. Laura Solla, do club atletismo Tui daba conta de como vai ser este comezo de temporada e convidaba á veciñanza a probar este deporte.
    As licenzas teñen un prezo de 140 euros para adultos, 85 os nenos e nenas e 170 euros para as fichas de triatlón.
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…