A Eurocidade Tui-Valença cumpriu este luns 13 anos dende a súa constitución oficial. Un tempo no que se ten avanzado na cooperación transfronteiriza en moi diversos ámbitos. Cultura, deporte, mobilidade, medio ambiente, economía ou turismo son algúns dos ámbitos que están sobre a mesa.
Abordamos estas cuestións co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e co presidente da Câmara de Valença, José Carpinteira.