Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,481 episodes available.
July 01, 2025Ent. Enrique Lago, de Clásicos Tui | Concentración de ClásicosEste domingo 6 de xullo o paseo da Corredoira acollerá unha Concentración de coches clásicos, na que participarán uns 50 vehículos de diferentes décadas. A cita comezará ás 9 h cun almorzo, para ás 11 h iniciar a ruta cara as murallas de Salvaterra de Miño, onde se incluirá unha visita ao museo do viño. Así nolo contou hoxe Enrique Lago, de Clásicos Tui....more4minPlay
June 30, 2025Ent. Teresa Astorgano, presidenta do grupo etnográfico Traxandaina | Exposición “O traxe da muller aldeá”O V Festival da Cultura Tradicional e Folk organizado por la Asociación Cultural San Telmo comeza este venres día 4 e prolongarase ata o domingo día 6. A primeira xornada dará comezo coa apertura da exposición “O traxe da muller aldeá” no espacio sociocultural de la calle Camilo José Cela, ás 19.30 horas.Hoxe Teresa Astorgano, presidenta do grupo etnográfico Traxandaina deu conta das diferentes pezas que poderanse ver na mostra....more8minPlay
June 30, 2025Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Programación mes de xullo"O malvado raposo feroz", de Benjamin Renner y Patrick Imbert é a pélicula que inaugura a programación de verán do Cineclub Tui. Proxectarase mañá martes, ás 20.30 horas no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Noemí Guisande, do Cineclub Tui deu conta das distintas citas que terán lugar tanto os martes coma os xoves do mes de xullo.A entrada para a proxección de mañá ten un prezo de 2 euros para socios e de 4.5 euros para o público xeral....more6minPlay
June 27, 2025Ent. Eduardo Méndez, organizador e Fátima Fonseca, profesional docente de Portugal | XI Campionato Ibérico de Kung FuO pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle este domingo, dende ás 10.30 h, o XI Campionato Ibérico de Kung Fu Tradicional e Moderno. Coñecemos todos os detalles con Eduardo Méndez, organizador do evento, e con Fátima Fonseca, profesional docente de Portugal en kung fu tradicional....more11minPlay
June 27, 2025Ent. Julio Solleiro, de Solidaridade Galega co Pobo Saharauí | Programa Vacacións en PazEste domingo é o último día para poder realizar as xornadas de formación do Programa Vacacións en Paz para acoller a nenos e nenas saharauís durante os meses de verán. Unha iniciativa da que Julio Solleiro, de Soliedaridade Galega co Pobo Saharauí daba todos os detalles e convidaba a participar. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do teléfono 986 26 26 37 ou no Whatsapp 678 72 73 82....more8minPlay
June 27, 2025Ent. Mario Domínguez, de Terracita La Sigrina e Uxía Hermida, humorista | Show ¿Pero estas tías?Apenas 15 entradas quedan para o espectáculo cómico "¿Pero estas tías?" que organiza Terracita La Sigrina o próximo venres día 4 ás 21 h. Será un show de humor coa participación de Cata Ukelele, Antía Costas, Carla Mañas e Uxía Hermida.Con esta última e con Mario Domínguez, de La Sigrina, conversamos hoxe no programa Día a Día....more8minPlay
June 27, 2025Ent. Conchi Sales e Fernando Carnero, da Asociación Cultural San Telmo | V Festival da Cultura Tradicional e FolkA vindeira fin de semana celébrase en Tui o V Festival da Cultura Tradicional e Folk. O venres 4 dará comezo coa apertura da exposición “O traxe da muller aldeá” no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, ás 19.30 horas, con posterior concerto. O sábado na praza de San Fernando terá lugar o X Certame de Gaita e Tamboril, e o domingo ás 19.30 h celebrarase na Corredoira o X Día da Muiñera. Así nolo contaron Conchi Sales e Fernando Carnero da Asociación Cultural San Telmo....more9minPlay
June 27, 2025Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE | Convocatoria cuestión de confianza vinculada aos orzamentosCon Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE, pechamos a rolda de conversas tras a convocatoria dunha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos que será debatida en pleno extraordinario o próximo martes, 1 de xullo, ás 20 h....more8minPlay
June 27, 2025Ent. Nico Montes, voceiro do PP | Convocatoria cuestión de confianza vinculada aos orzamentosCon Nico Montes, voceiro do PP, continuamos a rolda de conversas trala convocatoria dunha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos que será debatida en pleno extraordinario o próximo martes, 1 de xullo, ás 20 h...more7minPlay
June 27, 2025Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Convocatoria cuestión de confianza vinculada aos orzamentosCon Carmen Núñez, voceira do BNG, abordamos a convocatoria dunha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos que será debatida en pleno extraordinario o próximo martes, 1 de xullo, ás 20 h...more10minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,481 episodes available.