Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,503 episodes available.
May 06, 2021Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Réplica do Petroglifo de auga dos CebrosMañá venres ás 12.00 horas no Centro Sociocultural de Pedornes realizarase a presentación dos resultados do proxecto de elaboración da réplica de Auga dos Cebros.O obxectivo da réplica realizada pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, é preservar este importante petróglifo situado en Pedornes coma explicaba a alcaldesa de Oia, Cristina Correa....more8minPlay
May 06, 2021Ent. Aitana Cuétara, organizadora do MUMI 2021 - Encontro profesional de música Galicia-PortugalOnte presentabase a feira Músicas no Minho, 2021. Reunirá a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués do 9 ao 11 de setembro na Eurocidade Tui-Valença. Sobre esta feira falabamos hoxe no programa Día a Día con outra das súas organizadoras, con Aitana Cuétara, produtora e promotora....more11minPlay
May 05, 2021Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Patrimonio de Tui - Reunión informativa programa RexurbeÁs oito desta tarde na casa do concello de Tui terá lugar unha reunión informativa sobre o Programa Rexurbe. Un programa a través do que o IGVS adquirirá inmobles no conxunto histórico para rehabilitalos e destinados a vivenda social....more5minPlay
May 04, 2021Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Inauguración do renovado mercado municipalEsta mañá tivo lugar a inauguración do renovado mercado municipal do Rosal. A alcaldesa, Ánxela Fernandez, explicaba esta aposta do concello para fomentar a compra de producto local de proximidade. Haberá tamén, dicía, unha segunda fase de ampliación do mercado hacia o parque infantil....more4minPlay
April 30, 2021Ent. Pablo Rodríguez, presidente do Club Balonmán Tui - Busca o ascenso a 1ª AutonómicaO equipo senior masculino do Club Balonmán Tui busca mañá o ascenso director a 1ª Autónomica fronte ao Balonmán Naron Ferrolterra. SErá ás 18.30 h no novo pavillón municipal. O vencendor deste encontro ascenderá directamente á Primeira autonómica. O perdedor irá a unha Final Four. No pavillón poderán asistir ao encontro até 250 persoas. Reserva de entrada no seu Facebook....more8minPlay
April 30, 2021Ent. Moisés Rodríguez, exacalde - Modernización da liña do trenEsta semana inaugurouse a electrificación da liña férrea en Valença. Hai dez anos os alcaldes naquel momento, Moisés Rodríguez en Tui e Jorge Méndes, en Valença, reivindicaron o mantemento da liña de pasaxeiros entre Galicia e Portugal. Hoxe falabamos dalquela reivindicación e da actual situación co exalcalde, Moisés Rodríguez....more6minPlay
April 30, 2021Ent. Uxío Benítez, videdirector do AECT - Apertura das fronteiras con Portugal o 1 de maioPara Uxío Benítez, vicedirector do AECT, quen ten competencias para regular as fronteirais nacionais é o estado. A comunidade autónoma pode só perimetrar o seu territorio cara outras rexións no país, non ten competencias para impedir o paso, neste caso cara Portugal e viceversa. Unha interpretación que lle ven de confirmar o director xeral de relacións exteriores da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo. Así nolo contaba esta mañá....more10minPlay
April 30, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Apertura fronteiras o 1 de maio.O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indicou esta mañá que a apertura das fronteiras de Portugal mañá supón unha alegría, e ao tempo indicía na necesidade de esixir compensacións económicas polo dano provocado polo peche das fronteiras durante 3 meses. agarda que o peche de fronteiras coma o que vivimos nos últimos 3 meses non se volva producir....more4minPlay
April 29, 2021Ent. Manuel González Vázquez, voceiro de C's - Rolda AbrilNa rolda de conversas cos grupos políticos da corporación tudense para valorar o pleno de marzo non participara aínda por problemas persoais o voceiro de Ciudadanos, Manuel González. Esta mañá estivo no programa Día a Día...more22minPlay
April 28, 2021Ent. Miguel Abraira, profesor- Situación do IES San PaioO profesor do IES San Paio, Miguel Abraira, confirmaba esta mañá que hai 10 casos positivos por covid no centro, nove deles de 2º ESO e un deles de 4º ESO. As cinco aulas do curso segundo permanecen pechadas con alumnos en cuarentena. Estase a realizar tamén un cribado nos dous cursos en busca de asintomáticos....more9minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,503 episodes available.