Até este venres está aberto o prazo de inscrición para o Programa de Conciliación "IGUAL É +” promovido polo Concello de Tui a través da concellería de Igualdade. Foi concedido pola Secretaría Xeral da Igualdade.
Está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no concello de Tui.
Celebrarase do 1 ao 9 de setembro de 9 a 14 h en sete grupos. Dous grupos terán lugar no pavillón do CEIP nº2 no centro urbano, e os outros cinco desenvolverán a actividade en Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe e Areas.