Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,345 episodes available.
July 10, 2019Ana Mª Núñez Álvarez, concelleira de Emprego, Formación, Igualdade e Xuventude, Comercio e MercadoHai menos dun mes que Ana Mª Núñez Álvarez está ao fronte de Emprego, Formación, Igualdade e Xuventude, Comercio e Mercadono Concello de Tui. Hoxe contounos cales son os obxectivos e prioridades en cada un destes departamentos....more21minPlay
July 10, 2019Ent. Aloia Martínez e Rami Gº de Mistura Vocal - Participarán no Gran Premio NacionalMistura Vocal participará no Gran Premio Nacional de Coros logo de gañar esta fin de semana o Certame da Canción Mariñeira en San Vicente de la Barquera. Tamén levaron o premio do público. Hoxe Aloia Martínez, directora do coro, e Rami García, un dos integrantes, contáronnos a experiencia vivida na fin de semana....more8minPlay
July 10, 2019Ent. José Monte e Guti Martín - Experiencias Blue WaysExperiencias Blue Ways é o título do programa de actividades entorno ao río Miño que se vai desenvolver no Parque de Nosa Señora da Cabeça en Valença do 16 ao 28 de xullo. Serán gratuítas e non será precisa inscrición previa. Haberá paseos en bicicleta, kaiak, barco, paddleboard... Así nolo contaron hoxe José Monte, vereador de Desporto de Valença, e Guti Martín de Sherpa Project....more10minPlay
July 10, 2019Ent. Anxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal - XXVII Feira do Viño do RosalEsta fin de semana celébrase no Rosal a XVII Feira do Viño que contará como pregoeira con Almudena Alberca, a primeira Master of Wine española. O acto inaugural correrá a cargo da alcaldesa e do conselleiro do Medio Rural, e numerosas autoridades confirmaron xa presenza. Presentarase a Confraría de Cabaqueiros do Viño do Rosal que nomeará aos seus primeiros confrades. Da feira falamos hoxe coa alcaldesa, Ánxela Fernández Callís....more8minPlay
July 09, 2019Ent. Tino Baz, cantautor - Novo disco "Se cantan es tí que cantas"Este xoves ás 23 h na Guarda, dentro da programación do Encontro de Embarcacións Tradicionais o cantautor guardés Tino Baz presenta en concerto o seu novo traballo "Se cantan es tí que cantas". Hoxe presentounolo no programa Día a Día....more14minPlay
July 09, 2019Ent. Milucho Romero, CMVMC Areas - Andaina Nocturna coa lúa cheaA Comunidade de Montes de Areas organiza para este sábado, 13 de xullo, a Andaina Nocturna coa lúa chea. Sairá ás 23h dende o Centro Cultural de Areas, para realizar un percorrido dunha hora polo monte veciñal. Ao remate os participantes gozarán dunha chocolatada con rosca. Forma parte do programa Verán no Monte....more8minPlay
July 08, 2019Ent. Alex Rodríguez, concelleiro de Cultura de Salceda - Programación de VeránEstá en marcha a programación de verán do Concello de Salceda que arrancou coa Feira Medieval e o Entroido de Verán. Mañá haberá cinema ao aire libre como explicaba o concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez, quen avanzaba tamén os pratos fortes desta proposta....more7minPlay
July 05, 2019Ent. José Manuel Quintana - Éxito de ascenso do Tyde a Primeira RexionalJosé Manuel Quintana, un home vinculado ao Tyde en moi diversos ámbitos, destacou hoxe na nosa sintonía o éxito do equipo que vén de ascender á Primeira Rexional. Trátase, explicaba, do éxito de toda unha xeración de xogadores nados na canteira do club que foi progresando ano a ano, e que a próxima temporada xogará en Primeira....more10minPlay
July 05, 2019Ent. Conchi Sales e Verónica Morais e Manuel Fernández - Concurso de Gaita e Tamboril e Día da MuiñeiraA Asociación San Telmo coa colaboración do Concello de Tui organiza dous eventos esta fin de semana. Mañá ás 20.30h no Pórtico da Catedral celébrase o V Concurso de Gaita e Tamboril, e o domingo ás 20.30 h no Paseo da Corredoira o VI Día da Muiñeira. O sábado no certame renderase homenaxe ao gaiteiro tomiñés Manuel Fernández. Hoxe falamos con el e tamén con Conchi Sales e Verónica Morais da Asociación San Telmo...more11minPlay
July 05, 2019Ent. Argentina Sousa e Rui Ferreira - V Open de Judo Eurocidade120 judocas de Portugal e Galicia van participar mañá no pavillón municipal de Valença no V Open de Judo Eurocidade dende ás tres da tarde hora española. Déronnos os detalles Argentina Sousa , presidenta, e Rui Ferreira, adestrador do JuValença...more8minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,345 episodes available.