Veciños de Caldelas quéixanse da falla de seguridade vial na estrada PO 404 de Caldelas, onde xa algúns deles levaron algún susto. Solicitan que se realice a humanización deste vial.
Tras recoller máis de 300 sinaturas de veciños apoiando esta reivindicación presentaron o escrito tamén no Concello, para que este o eleve á Xunta.