Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade - Actos 25N en Tui
    "Tui en negro" é o título da campaña que gallo do 25N pon en marcha o Concello de Tui. A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, deu conta dos actos previstos que inclúen o acto institucional o luns na praza de San Fernando, a I Andaina Camiño á Liberdade, ou un curso de autodefensa para mullleres.
    14 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Eurocidade e Río Minho Navegable
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirma que as Eurocidades son unha oportunidade única para levar adiante programas de cooperación transfronteiriza. Así o explicaba esta mañá na nosa sintonía tras participar onte en Tomiño no encontro sobre as Eurocidades da raia ibérica centrou onte as xornadas sobre “Políticas e instrumentos para o desenvolvemento do Río Miño Transfronteirizo”. Tamén falou dos dous novos pantaláns cos que Tui contará dentro do proxecto Río Minho Navegable.
    10 min
  • Ent. Iván Martínez, José Quinteiro, José Gómez e Ruth Villar - Campaña Gran Recollida Banco Alimentos Vigo
    O Banco de Alimentos de Vigo realiza esta fin de semana a Gran Recollida, en toda a provincia. Aquí no Baixo Miño desenvolverase nos concello de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia coa colaboración de SOS Tomiño Baixo Miño.
    Para levala a cabo precisan 30 voluntarios que colaboren recollendo os alimentos durante catro horas nos distintos supermercados participantes. desta fin de semana.
    Os interesados e interesadas en ser voluntarios poderán dirixirse a SOS Tomiño Baixo Miño a través do teléfono 627 51 06 77.
    19 min
  • Ent. Diego Vila, piloto - Gañador volante FGA e bolsa PXP
    O piloto tudense Diego Vila e o seu copiloto Alex Sampayo, gañaron onte o Volante FGA, tras participar no Rallie da Mariña Lucense. Cumplen así os dous obxectivos que tiñan nesta temporada xa que no Rallie de San Froilán lograran a bolsa PXP 20. Hoxe falamos con Diego Vila desta temporada que vén de rematar e da próxima que comezará en febreiro.
    5 min
  • Ent Henrique Freixeiro de Xistra - Andaina 25km
    Este domingo celébrase no Parque Natural do Monte Aloia en Tui a derradeira proba do VI Open de Andainas 25km. Unha proba que reune deporte e patrimonio. Coma novidade presenta nesta edición unha andaina de 16 qm. Henrique Freixeiro presidente de Xistra, o club organizador deunos hoxe todos os detalles. O prazo inscrición está aberto até o mércores ás 23.59 h en www.xistra.org
    6 min
  • Ent. Uxío Benítez e Martín Guillermo - Xornadas sobre políticas e instrumentos para o desenvolvemento do Río Miño
    O salón de plenos da casa do concello de Tomiño acolle hoxe e mañá as Xornadas sobre políticas e instrumentos para o desenvolvemento do Río Miño Transfronteirizo. O deputado de Mobilidade e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, falounos dos obxectivos deste evento. Martín Guillermo; o coordinador da ARFE Global Initiative deu conta dos pasos a seguir para a creación dun ITI, o Investimento Territorial Integrado, transfronterizo permitiría empregar de xeito máis eficaz os fondos para o desenvolvemento territorial.
    13 min
  • Ent. Koke de Novo Plan - Espectáculo 1980 Pop Festival
    “1980 Pop Festival” é o título do espectáculo que mañá sábado chega á Sala Queen en Mos. A apertura de portas será ás 23 h. Actuarán Novo Plan Big Band, Miguel Costa de Siniestro Total, e Santi Santos de Los Limones. Será un espectáculo de 3 horas dedicado á música dos anos 80’ para públicos de todas as idades no que soarán os grandes de éxitos de Alaska, Loquillo, Nacha Pop, Tequila. Teñen xirado por Barcelona, Valencia, Bilbao, Zaragoza, con gran éxito de público.
    Koke, cantante de Novo Plan Big Band, falounos dos espectáculo. Ás entradas están á venda en wowticket.es ou na propia sala mañá.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…