O venres e o sábado en Cerdal, Valença celébrase en Feira dos Santos e das Trocas. Haberá 400 postos con comida, viño novo, ropa ou calzado . O sábado celébrase a feira das Trocas coas Carreiras dos garranos a partir das tres e media, hora galega.
O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, explicou hoxe na nosa sintonía as conclusión do PMUS, Plan de Mobilidade Sustentable do Concello de Tui. Tamén deu conta dos obxectivos da campaña de limpeza posta en marcha esta semana "Na rúa coma na túa casa, Tui limpo é labor de todos".
O 22 e 23 de novembro terá lugar a Gran recollida do Banco de Alimentos en Tui, Tomiño, O Rosal e Oia. Os interesados e interesadas en participar como voluntarios poden chamar ao 986 26 30 22 ou cubrir o formulario na web do Banco de Alimentos de Vigo.
O sábado e o domingo, o Pavillón polideportivo de Goián en Tomiño, acolle o XVI o Mercadillo e Exposición de Motos antigas, onde se poderán atopar motos antigas, coches clásicos, recambios ou ferramentas.
O historiador tudense, Rafael Sánchez Brigela, referiuse hoxe na nosa sintonía, ao igual que ten feito nos últimos días no seu blog Tudensia, a retirada de material histórico do Viveiro Forestal de Areas. Lamenta que este patrimonio deixe de estar en Tui.
O I Concurso de Cabazas celébrase en Tui esta semana. Con motivo do Samaín, a Praza de Abastos en colaboración co Concello, organiza un concurso para premiar a cabaza máis orixinal. O premio son 100 euros en vales de compra nos postos da Praza de Abastos. O prazo para entregar a cabaza remata este xoves ás 12 h.
ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, vai recoñecer esta noite aos seus asociados máis antigo na III Gala do Comercio. Vaise celebrar ás 21 h no Liceo Casino. O acto está dirixido só aos socios.
O Seminario Menor de Tui está a celebrar ao longo deste ano o seu 60 aniversario. Ás actividades que se levan celebrando ao longo dos últimos meses súmase un concerto que terá lugar no Teatro Municipal de Tui a cargo da Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Tui e do coro Gli Apasionatti.
Este sábado celébrase a VI Andaina Arume que este ano será solidaria coa Protectora de Animais Aloia. Joaquín Valverde e Aurelio Rodríguez de Arume de Malvas contáronnos coma vai ser o percorrido a realizar de dificultade baixa. A participanción ten un prezo de 4€ +1€ solidario. Os nenos deben aboar só o euros solidario.
8 min
About Día a Día
From the publisher's feed
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…