Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Begoña Santamaría, de Terras Gauda - Do Mar á Viña
    Gran acollida da iniciativa do “Do Mar á Viña” da Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) e Bodegas Terras Gauda xa que a penas restan algunhas prazas vacantes. Trátase dun evento que se vai celebrar os venres 23 e 30 de agosto e o 6 de setembro, que combina unha experiencia enoturística cunha travesía marítima fluvial. Así nolo contaba hoxe Begoña Santamaría, coordinadora de Enoturismo de Terras Gauda
    10 min
  • Ent. Manuel Pedrares, técnico Kaiak Tudense - Cpo España de Maratón e Cpo Mundo Sprint
    Na fin de semana celebrouse en Pontevedra o Campionato de España de Maratón de Piragüismo onde catro padeeiros do Kaiak Tudense lograron o pase para o Mundial de China, foron Manu Garrido, Tania Fernández, Óscar Graña e Pedro Areal. Esta semana outros dous padeeiros busca o pasaporte olímpico para Tokio 2020. son Roi Rodríguez e Sara Ouzande, que compiten no campionato do Mundo en Hungría. Alí están tamén Albert Martí e Pedro Vázquez do Kaiak. Falamos destas competicións con Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense.
    8 min
  • Ent. Laureano Alonso, Javier Argüelles e Samuel Moreno - Balance I Concurso de Maxia na rúa
    Éxito esta fin de semana o I Concurso de Maxia na rúa Miño Máxico do que disfrutaron centos de persoas ao longo do percorrido das actuacións, dende a Corredoira, a praza de San Fernando, Fromista e San Telmo.
    Samuel Moreno e Javier Argüelles relataban precisamente este éxito hoxe no programa Día a Día, xunto ao concelleiro Laureano Alonso.
    Unha resposta do público que da forzas para o concurso pense xa na próxima edición. Esta mañá fixeron tamén o sorteo de agasallos entre o público.
    14 min
  • Ent. Eduardo Dacuña - Semana Cultural A Insua en Caldelas
    Este venres comeza a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural A Insua de Caldelas. A programación vaise desenvolver até o venres 23. Eduardo Dacuña, de A Insua, explicounos os actos previstos coma o Caldelas' Got Talet que se celebrará este sábado ou a festa do neno o domingo.
    8 min
  • 130819 Ent. Yolanda Rodríguez, concelleira de Urbanismo - Situación urbanismo Paramos
    A concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, lanzaba esta mañá unha mensaxe de tranquilidade aos veciños de Paramos. Explicaba que na oficina de Urbanismo situada en Guillarei, continua a realizarse a tramitación de licenzas e comunicacións previas con normalidade, e mañá mesmo se aprobará unha nova licenza en xunta de goberno. Proximamente convocarán unha reunión cos veciños para explicarlles a situación e resolver as dúbidas que poidan ter.
    22 min
  • Ent. Marisa Giraldez e Javier Argüelles - Malestar no Badminton Tui
    Malestar no Club Bádminton Tui polo reparto dos horarios no uso dos pavillóns xa que lles foi asignado polo concello un día 5 horas, repartidas entre o pavillón do IES San Paio e o pavillón de Guillarei, cando prefiren dos días dúas horas e media. Así o explicaba hoxe a súa presidenta Marisa Giráldez.
    Agardan nos próximos días poder reunirse cos responsables municipais para explicarlles a súa situación.
    12 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…