Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Mª Jesús Álvarez, Mª Carmen Rguez e Nerea Fernández - Visitas guiadas novas rutas
    Éxito de acollida nas visitas guiadas que realizará o Obradoiro de Emprego Percorre Tui ás dúas novas rutas que deseñaron. De feito xa non quedan prazas a visita á Ruta dos Pasos da Auga que realizarán mañá en Ribadelouro. Si é posible inscribirse para a Ruta da Porta do río Tripes que terá lugar o próximo xoves 22. Faláronnos destas propostas Mª Jesús Álvarez, docente de Turismo, e Mª Carmen Rguez e Nerea Fernández alumnas-traballadoras.
    11 min
  • Ent. Lupe Pérez da Asociación de Afectados de Paramos - Comunicado
    A asociación de Afectados de Paramos e Guillarei expón que a reforma da Lei do Solo de Galicia foi modificada para dar encaixe legal ás vivendas fóra de ordenación na zona afectada pola explosión en maio do ano pasado. Lembran que as licenzas que os afectados están a solicitar son un caso excepcional que coma tal require medidas excepcionais. Así o expoñen nun comunicado e o explicaba esta mañá na nosa sintonía Lupe Pérez, voceira da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, tras a reunión que celebraron o pasado xoves.
    13 min
  • Ent. Pilar Casillas - Festas San Caetano Paramos
    Hoxe comezan en Paramos as festa na honra a San Caetano que se van celebrar até o luns. Hoxe terán polbo, a charanga A tú Ritmo e a banda de Balbina.
    Mañá actuarán a Banda de Música Popular de Tui e da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, ás 13 celebrarse a misa solemne e á noite verbena con Charleston e Lasser. Os festexos rematan o luns.
    5 min
  • Ent. Jose Monte, vereador - Festas de Valença
    Hoxe comezan as festas na honra a Nosa Señora do Faro en Valença que se van celebrar até o próximo día 15. No programa festivo destaca hoxe o tributo a U2, ou mañá a actuación da orquestra Panorama. José Monte, vereador de Cultura de Valença, convidaba a gozar das festas.
    7 min
  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda – Festas do Monte 2019
    A Guarda vive a súa semana grande coas Festas do Monte que reúne a miles de persoas, e que agardan con ilusión este sábado o desfile dende a Alameda até o Porto e o domingo a subida ao Monte. Así nolo contaba hoxe o alcalde da Guarda,Antonio Lomba.
    Destacaba Antonio Lomba a fraternidade que se vive con esta festa que foi evolucinando cos tempos, e coa xente.
    11 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…