Este sábado, 3 de agosto, realizarase en Tui a sexta andaina do circuito de andainas saudables da Eurocidade Tui-Valença. Comezará ás 22h dende o Palco da Música na Corredoira e rematará na Alameda de San Domingos cunha chocolatada.
Falamos co presidente da asociación AndaTui, José Martínez Tato, organizadora da ruta.