Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Cristina Palomares de Ágatha Ruíz de la Prada - Desfile Fashion Brigde
    A colección homenaxe á revista Hola polo seu 75 aniversario, xunto a deseño relacionados coa música e sorpresas de Agatha Ruíz de la Prada serán os que poderemos ver esta noite na pasarela na que se converterá a Vella Ponte Internacional co gallo do Fashion Brigde que presenta o IKFEM. Así nolo explicaba Cristina Palomares de Ágatha Ruíz de la Prada. O desfile comezará ás 21 h e o acceso ao público abrirase ás 20.15 h.
    10 min
  • Ent. Andrea González do Ikfem - Xornada inaugural e Desfile
    Andrea González, directora do IKFEM, fixo hoxe balanzo positivo na nosa sintonía dos Concertos no río Miño que se celebraron coma preámbulo do festival. Convidou á inauguración oficial do IKFEM 2019, que terá lugar esta noite no Teatro Municipal, e deunos os detalles prácticos para acudir ao desfile Fashion Brigde previsto para este venres, ás 21 h, na vella Ponte Internacional.
    9 min
  • 170719 Beatriz Lomba, concelleira de Turismo da Guarda - Visitas guiadas
    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ofrece dúas visitas guiadas até o 15 de setembro. Teñen carácter gratuíto e sairán ás 12h da Oficina de Turismo na praza do Reló. Terán unha duración aproximada dunha hora.
    Os mércores celebrarase a visita “Prazas antigas e novas” e os xoves a visita “Castelo de Santa Cruz”. Falounos das mesmas a concelleira de Turismo, Beatriz Lomba.
    4 min
  • Ent. María Glez, Carla Vicente e Sonia Santos - 2º Campus Urbano CB Tui
    Estase a celebrar o 2º Campus Urbano do Club Baloncesto Tui que dende comezos de mes ofrece diversas actividades deportivas, de lecer, excursións... Hoxe comezou a segunda quenda, para a que quedan prazas vacantes.
    Hoxe falamos do campus con María González, coordinadora das actividades acutáticas, Carla Vicente, adestradora de baloncesto, e Sonia Santos, directiva do CB Tui.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…