A Guarda vive dende hoxe e ata o domingo o XIV Encontro de Embarcacións tradicionais, onde precisamente este barcos, fondeados xa no porto, son os grandes protagonistas. Está previsto un amplo programa de actividades con concertos, presentación de publicacións, visitas guiadas... O pobo está engalado para a ocasión con elementos mariñeiros. Así nolo contou Joaquín Cadilla, presidente de O Piueiro.