Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Remodelación Avenida de Portugal
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientaba hoxe que a remodelación da Avenida de Portugal, dará cumprimento a unha vella demanda da cidade, e será a antesala do inicio das humanizacións que o goberno municipal proxecta no entramado urbano, onde os peóns serán a prioridade.
    O proxecto contempla a eliminación de aparcamentos nunha das beirarrúas da avenida. O alcalde explicaba que están en contacto co Ministerio de Interior, propietario dos terreos da antiga Alfándega, para facer unha reserva de prazas de estacionamiento nesa zona.
    9 min
  • Ent. Alumnado IES Indalecio Pérez Tizón - Programa Erasmus +
    Hoxe o alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón falounos da súa experiencia no Programa Erasmus +. Estiveron traballando en Italia e Portugal tras completar a súa formación no instituto. Xosé Manoel Álvarez, vicedirector do IES Indalecio Pérez, viu acompañado de Estefanía Lago, Cristina Míguez, Miguel das Dores e Hanns Heironimus.
    14 min
  • Ent. Carlos Estévez - I Semana Náutica a Vela Eurocidade Tui-Valença
    O Club Náutico San Telmo organiza a I Semana Náutica a Vela Eurocidade Tui-Valença que se vai celebrar do 15 ao 26 de xullo. Consistirá nun curso de vela para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos que se impartirá de luns a venres de 10 a 13.30 h. O prezo do curso é de 50€ no que se inclúe a licenza, monitores, seguro, camiseta e gorra.
    Os interesados poden inscribirse no 670 50 84 99 ou no 657 878 716
    8 min
  • Uxo Pousa, OMIX de Tomiño- II Festa Agro LGTBI
    Mañá celébrase a segunda Festa Agro LGTBI, organizada polo voluntariado da oficina de Información Xuvenil, que pretende con dar visibilidade ó colectivo LGTBI no entorno rural.
    A festa será no Mercado de Tomiño e dará comezo ás 11.30h cunha sesión vermú. Haberá ademais unha charla, talleres infantís, espectáculos e concertos.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…