O conservatorio Profesional de Música de Tui e a Escola de Música ofrecerán mañá xoves, ás 20h, no Teatro Municipal o seu Concerto Solidario de Nadal.
Dende ás 17.30h poderanse retirar as entradas, na sala Xacobeo, a cambio dun quilo de alimentos que serán cedidos a SOS Tomiño Baixo Miño.
Tamén dende ás 19.15h entregaranse os boletíns deste primeiro trimestre do curso.