Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Primeiro día tras a investidura
    Tras a investidura do pasado sábado a de hoxe está a ser unha xornada intensa para a nova alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís do BNG, que gobernará con maioría absoluta. Estas primeiras horas están a reunirse cos traballadores, buscando establecer a organización interna, pero tamén teñen xa as primeiras reunións de traballos sobre proxectos.
    3 min
  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Primeiros días tras a investidura
    Antonio Lomba segue ao fronte do Concello da Guarda tras ser investido como alcalde o pasado sábado logo do acordo co BNG para gobernar en coalición. Explicaba que será a primeira vez que o equipo de goberno estará conformado por 10 concelleiros.
    Precisamente estes primeiros días serán para a reorganización interna de delegacións, espazos… prestando tamén atencióna próximos eventos que se van celebrar, e obras pendentes.
    4 min
  • Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda - Primeiras horas na alcaldía
    Loli Castiñeira é a primeira alcaldesa de Salceda. O sábado foi investida coma rexedora tras un acordo in extremis co Partido Socialista para ter un goberno de esquerdas nos próximos catro anos. Catro anos de traballo compartido, que nos dous primeiros anos exercerá coma alcaldesa, e nos dous seguintes ocupará o cargo Verónica Tourón.
    4 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Primeiro día tras a investidura
    Sandra González, alcaldesa de Tomiño, que continúa ao fronte do concello tomiñés explica que asume unha nova etapa con continuidade, con ilusión e con máis responsabilidade por ter logrado maior representación.
    Reunirse co novo equipo que entra no concello, reflexionar e continuar cos proxectos en marcha e cos 15 retos que plantexaron na campaña
    Como accións inmediatas sinalaba a biblioteca municipal, a humanización rúa República Arxentina e A Guarda, a variante, entre outros.
    6 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Primeiro día hábil do mandato
    Enrique Cabaleiro foi investido o sábado alcalde de Tui. Conta coa experiencia previa de ter sido alcalde entre 2015 e 2017, o que dicía esta mañá lle permite retomar o traballo que tiña quedado pendente, e é máis doado ao contar con esa idea previa do que había que facer no primeiro día na alcaldía.
    Enrique Cabaleiro explicou que hoxe están centrados na análise do persoal municipal onde hai unha serie de traballadores de baixa. Esta mañá solicitou á Deputación a prórroga dos técnicos que están traballando na oficina de Paramos.
    Tamén esta mañá puxeron sobre a mesa os proxectos do Plan Concellos de 2017 pendentes de contratación, entre outros temas urxentes.
    7 min
  • Ent. Julián Iglesias - Actividades de Verán no Club Náutico San Telmo
    A celebración do San Xoán é unha das actividades previstas para este verán no Club Náutico San Telmo. Julián Iglésias daba conta deste evento, pero tamén avanzaba as vantaxes que terán os socios este verán coma a disposición de kaiak e táboas de padel gratuítas para socios, ou paseos en barco. Amais haberá o campamento de esquí para o que en breve abrirá o prazo de inscrición.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…