Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Julia Rodrúguez, concurso Recantos do Luar- Color Esperanza
    Mañá terá lugar a última rolda quinta fase do concurso Recantos do Luar, onde Julia Rodríguez cantará “Color esperanza” de Diego Torres. Actuará aproximadamente a unha e media da madrugada. Ao remate da súa actuación abriranse as liñas para a votación do público. Julia Rodríguez facía un chamamento a apoiala mañá xa que se xoga estar entre os catro finalistas.
    5 min
  • Ent. Agustín Ferreira, presidente de ANABAM - Paralización da máquinaria de glifosato
    Membros de Anabam, do Centro social Fuscalho e do Psoe de Oia protestaron onte contra o uso do Glifosato para a limpeza das marxes das estradas.
    Pola mañá percatáronse da presenza de maquinaria traballando con este herbicida, nun primeiro momento na Guarda e de camino a Oia, onde interromperon o seu paso onde estiveron preto de 2 horas. O mesmo ocorreu pola tarde no Rosal e en Tomiño.
    8 min
  • Ent. Rubén López, dtor Conservatorio - Concerto de Fin de Curso 2018/19
    Ás 20.30 h no Teatro Municipal da Área Panorámica terá lugar o Concerto de Fin de Curso do Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui.
    Explicaba Rubén López, director do Conservatorio, que o concerto deste ano será distinto ao de cursos anteriores, xa que no mesmo se plasmará o resultado do proxecto no que levan traballando coma é a estrea dunha Big Band.
    Interpretarán temas coma "Benny Goodman Memories", "New York, new york", actuando neste último a cantante Silvia Alonso como solista.
    As entradas, de balde, poden retirarse dende ás 19.20 h no vestíbulo do teatro. Dende as 20 h o alumnado pode recoller as calificacións do curso.
    6 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro do PSOE - Reunión con En Marea
    O Partido Socialista e En Marea reuníronse onte á tarde para abordar a posible entrada da segunda formación no goberno. O líder socialista Enrique Cabaleiro, considera que quedan flecos para pechar ese acordo. Reiteraba a súa intención de que calquera acordo de goberno, con En Marea e BNG, quede pechado esta semana antes da investidura deste sábado.
    7 min
  • Ent. Xosé Martínez, Corazón de Carballo - Premios AGADER
    A Granxa Escola Musical de Corazón de Carballo foi galardoada nos Premios Agader de iniciativas de desenvolvemento rural na categoría de mocidade. Recoñécese con este premio o traballo que levan a cabo neste centro de ocio, tempo de lecer e servizos, que conxuga educación ambiental e educación artística con multitude de áreas de traballo.
    4 min
  • Ent. Miguel Capón - 32 anos coma concelleiro en Tui
    Tras 32 anos como concelleiro na corporación municipal de Tui, un tempo no que ocupou tamén o cargo de alcalde, non estará presente na próxima corporación municipal, logo de que non se presentara ás eleccións. Hoxe fixemos con el balanzo destas tres décadas en política municipal de forma activa.
    25 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…