Carlos Vázquez Padín, actual alcalde en funcións, foi o candidato á alcaldía de Tui por C21, tras o resultados obtidos o 26 de maio renuncia a súa acta de concelleiro e deixará a política activa. Hoxe recoñecía que eses resultados, cun só concelleiro, foron malos. Afirmaba que agardaban un resultado mellor tras o traballo realizado o último ano e medio, onde afirmaba se sentaron as bases para un concello máis eficiente.