Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Antonio Lomba, nº1 PSOE A Guarda - Negociacións formación de goberno
    Dende o Partido Socialista, Antonio Lomba, actual alcalde en función, valoraba o primeiro encontro desta semana coma positivo, e na reunión do luns agardan comezar a concretar para lograr un goberno.
    Polo momento neste primeiro encontro non determinaron nin quen ocupará a alcaldía nin as competencias de cada partido. Para o Antonio Lomba, as liñas vermellas, que virían marcadas polo programas de cada partido.
    6 min
  • Ent. Anxo Baz do BNG A Guarda - Negociacións para a formación do goberno
    Esta semana Anxo Baz, o líder do BNG, reuniuse co nº1 tanto do PP, Roberto Álvarez Carrero, coma do PSOE, Antonio Lomba.
    Cos populares recoñecía esta mañá na nosa sintonía que non comparten criterios o que fai dificil chegar a acordos. Mentres cos socialistas na primeira reunión houbo dispoñibilidade de falar de ti a ti. O luns volverán reunirse.
    6 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro do PSOE - Decisión Xunta Electoral Central
    O Partido Socialista terá finalmente oito concelleiros na próxima corporación municipal de Tui que tomará posesión o sábado 15 de xuño. A Xunta Electoral Central declarou nulo o voto emitido a favor do PP coa palabra sí escrita, e validou o voto a favor do PP nun sobre no que se introduciran dúas papeletas, unha delas tachadas. Deste xeito o PP obtivo o voto que lle da o terceiro concelleiro.
    Así o confirmaba este mediodía o nº1 do Partido Socialista, Enrique Cabaleiro, que coñeceu a decisión de forma oficiosa, a falla de contar xa coa comunicación oficial.
    3 min
  • Ent. Carme Nuñez nº 1 Bng Tui - Valoracion 26M
    Carmen Núñez, nº1 do BNG de Tui valorou hoxe os resultados do 26M para a súa formación recoñecendo que non foron bos. Hoxe mesmo manterán unha reunión co PSdG, tras o ofrecemento de Enrique Cabaleiro para formar parte do goberno. Carmen Núñez recoñecía que lle gustaría volver a ser concelleira de Patrimonio, pero con condicións. Tamén avanzaba que formen parte ou non do goberno na sesión de investidura sí van apoiar a Enrique Cabaleiro como alcalde.
    15 min
  • Ent. Maximino Zumalave, dtor - No Bico un Cantar
    A voz de 500 nenos e nenas de Galicia e Portugal encherá mañá a praza de San Fernando na celebración de "No Bico un Cantar". Interpretarán “San Campio, romaría galega”, “Veira dó mar”, “Oh rama oh que rama linda”, “No Rego do Prado”, “San Campio, Romaría galega”, e “Maio longo”. Maximino Zumalave é o director deste evento musical que organiza o Consello da Cultura Galega da Conselleria de Cultura e Turismo e da Conselleria de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Tui.
    11 min
  • Ent. José Monte, vereador Valença - Rampa do Faro e Family Party
    Dúas citas destacadas unha co mundo do motor e outra para o público infantil haberá neste mes en Valença. A primeira será este sábado co regreso da Rampa do Faro. E do 20 de xuño ao 7 de xullo celebrarase a Valença 2019 Family Party. José Monte, vereador de Cultura e Deporte de Valença, deunos todos os detalles.
    11 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…