Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Andaina Nocturna do Monte Faro ao Aloia
    Dentro do circuito de Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença este sábado realizarase a Andaina Nocturna do Monte Faro ao Aloia. Será menos de 19 quilómetros de percorrido, como hoxe explicaba José Martínez Tato do club Andatui.
    O punto de partida será o Monte Aloia á 23.30 h onde os participantes deixarán os seus vehículos para ir en autobús até Valença, onde comezará a andaina no Monte Faro.
    8 min
  • Ent. Juan Carlos Blanco e Tania Otero de ACITUI - Noite Aberta
    Este venres ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, celebra a Noite Aberta coa participación dunha véntena de locais. Tamén haberá distintas actividades de animación. E os que realicen as súas compras de 20 a 23 h entrarán no sorteo dun vale de 150€ para mercar no comercio local.
    7 min
  • Ent. Laureano Alonso e Suso Vila - Visitas guiadas á xudería de Tui
    Esta tarde, ás 20 h, comezan as visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui centradas este anos na xudería. Realizaranse durante o verán cada venres, sábado e domingo ás 20 h con saída dende a praza de San Fernando. Faláronnos das mesmas Laureano Alonso, concelleiro de Turismo, e Suso Vila, historiador que guiará os percorridos.
    8 min
  • Ent. Rosana Rodríguez, pta - Festas na honra ao Santísimo Cristo da Agonía
    Esta fin de semana celébranse en Baldráns as Festas na honra ao Santísimo Cristo da Agonía que comezarán mañá ás 20 h coa XXVI Romaría do Polbo á Feira onde a tapa terá un prezo de 10€. O pregón correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro. Non faltarán as verbenas e os actos relixiosos até o luns como explicaba a presidenta Rosana Rodríguez.
    4 min
  • Ent. Cris Márquez de Marqués de Vizhoja - Rallie Sur do Condado
    Por vez primeira na historia do motor un tramo dun rallie transcorrerá por uns viñedos privados. Será mañá nun dos tramos do Rallie Sur do Condado que pasará polos viñedos de Marqués de Vizhoja. Así nolo contou Cris Márquez, explicando que haberá espazos habilitados para que o público poida disfrutar do rallié na súa adega.
    6 min
  • Ent. Sonsoles Vicente, Jose Monte e Andrea González - VII IKFEM
    O IKFEM tende ponte musicais entre Galicia e Portugal. Dende hai sete ano faino entre Tui e Valença, e neste 2019 tamén entre Tomiño e Cerveira. A música de instrumentos de tecla soará dende este domingo 14 até o domingo 21. Pero tamén haberá outras actividades coma cinema, mesas redondas, obradoiros,...e un desfile de moda na vella Ponte Internacional.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…