O Forum Peregrino “Os Camiños de Santiago en Galicia”, organizado pola Asociación Iacobus Tui, o Concello de Tui e a Deputación de Pontevedra, terá lugar este sábado, 30 de setembro, no Centro de Interpretación do Camiño no antigo Convento de San Domingos. No evento participarán representantes de distintas asociacións que traballan nos Camiños de Santiago en Galicia e que falarán sobre as actividades que se están a realizar e sobre as problemáticas ás que se enfrontan.
Sobre esta cita falamos con Victoria Álvarez, presidenta de Iacobus Tui e Baixo Miño, e con Alfonso Ferreira, membro desta asociación.