Trompicallo será a compañía encargada de abrir este venres, 6 de outubro, no Teatro Municipal de Tui a programación de outono. Será ás 20h coa estrea da súa última montaxe “Planeta Ardora”, un espectáculo dirixido a público familiar coa luz como protagonista.
Nos 50 minutos que dura a obra Sabela Amado Rojo, Luís González e Marián González conforman o elenco. Esta última, que tamén é a autora do espectáculo, avanzounos algo sobre unha proposta na que se pronuncian tan so catorce palabras.