O pasado 19 de setembro daba comezo o curso na Escola Oficial de Idiomas de Tui cuns 400 alumnos e distintas ofertas para aprender portugués, francés, inglés e chinés, unha das novidades. A pesares disto dende hoxe e ata o 11 de outubro estará aberto un novo prazo de matrícula co que pensan chegar a preto de 450 alumnos.
Falamos coa súa xefa de estudos, Elena Espinosa, e cos profesores de francés e chinés, Óscar Ferreiro e Alessia Malerva.