Ás 16h presentarase no salón de plenos do Concello de Tomiño o Plan Estratexico do Sector Agrario do Baixo Miño nunhas xornadas abertas para facilitar a creación dun espazo de reflexión e intercambio de información entre grupos de interese do sector e entre a cidadanía.
A apertura das xornadas contará con participación de Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e Patricia Rodríguez, presidenta de ACUBAM, coa que estivemos a falar sobre o seu obxectivo de gañar presenza no sector coa incorporación de novos cultivos e de outros asuntos relacionados con este Plan Estratéxico.