A cita máis importante co agro no Baixo Miño terá lugar esta fin de semana na Mostra de Cultivos organizada por ACUBAM co apoio do Concello de Tomiño e da Deputación de Pontevedra, e que chega á súa edición número 15 en plena forma. Este ano será un punto de inflexión de cara á profesionalización da Mostra dentro do sector do agro. Estivemos a falar máis polo miúdo sobre este evento con Patricia Rodríguez, presidenta de ACUBAM, e con Sandra González, alcaldesa de Tomiño.