Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,225 episodes available.
September 01, 2017Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Balance do verán e próximas obras a acometer na cidadeEnrique Cabaleiro, alcalde de Tui, falou esta mañá na sintonía da Radio Municipal de Tui dos resultados do turismo este verán na cidade, do funcionamento da peonalización do casco histórico ou das obras que se acometerán dentro do Plan Concellos, entre outros moitos aspectos....more18minPlay
September 01, 2017Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas - XXV Festa dos CallosSalceda celebra este domingo a Festa dos Callos con unha ampla programación complementaria que dende onte contaba con actividades dirixidas a tódolos públicos. Deunos todos os detalles Marcos Besada, alcalde do municipio....more18minPlay
September 01, 2017Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Xornadas Europeas da Cultura XudíaO patrimonio xudeu é o protagonista dende hoxe e ata o domingo en Tui. Esta tarde comezan na cidade as Xornadas Europeas da Cultura Xudía que se celebran de xeito simultáneo en 34 países, e en España en 11 cidades, unha delas Tui. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo, falounos da importancia de conservar e recuperar o patrimonio que ten Tui en relación coa cultura xudía....more9minPlay
September 01, 2017Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 1, 2 e 3 de setembroUnha fin de semana máis haberá música no Betún. Esta noite terá lugar a habitual Jam Session de inicio de mes e mañá contarán co Dj. betuneiro especialista en vinilo Javi Pelón. Xa o domingo actuará o grupo Rumbiamberos con unha mistura de culturas chea de ritmo. Contóunolo todo Jorge Aldir....more7minPlay
August 31, 2017Ent. Francisco López e Yoana Alonso, presidente e tesoureira da As. Lembranzas da Terra de Guillarei - Setembro CulturalEsta fin de semana é unha das apostas fortes do Setembro Cultural de Guillarei, que chega con propostas dende mañá venres e ate o 10 de setembro.Falamos sobre esta actividade con Francisco López e Yoana Alonso, presidente e tesoureira da asociación Lembranzas da Terra de Guillarei....more11minPlay
August 31, 2017Ent. José Manuel Laureiro e Anu Barrios, investigadores do Centro Isaac Campantón - Xornadas Europeas da Cultura XudíaJosé Manuel Laureiro e Anu Barrios, investigadores da cultura xudía do Centro Isaac Campantón ofrecerán mañá a tarde dentro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía a ponencia “Vestigios criptojudíos en la raya. Una cultura de resistencia”.Hoxe explicaron que nos últimos anos centrados na investigación da cultura xudía na raia coa que denominan a cultura da resistencia. Este será o tema que aborden mañá na súa conferencia a partir das 17h no antigo convento de San Domingo....more16minPlay
August 31, 2017Ent. Víctor Pérez Bugarín - ArraianosO Festival Arraianos ten xa o seu programa pechado e dende esta semana conta nun local no paseo da Corredoira para atender ao público e para a venda de entradas para as distintas actividades. Falamos unha semana máis con Víctor Pérez Bugarín, co que recordamos as principais actividades que terán lugar do 8 ao 10 de setembro....more8minPlay
August 30, 2017Ent. Alba Martínez, Vanesa Rodríguez e Bea Pérez, da Asociación Xuntanza - Semana Cultural de RandufeEste venres prosegue a XXXII Semana Cultural de Randufe, que despois da carreira popular do pasado domingo contará con seis intensos días de programación para todos os públicos.Déronnos os detalles Vanesa, Rodríguez, Alba Martínez e Bea Pérez, da Asociación Xuntanza....more12minPlay
August 30, 2017Ent. Lois Vila, da organización do festival Minho Reggae Splash - Minho Reggae Splash 2017O venres e o sábado Goián será a capital do Reggae cunha nova edición do Minho Reggae Splash, un festival que crece ano a ano e que nesta ocasión trae música para tamén outras actividades paralelas. Falamos con Lois Vila, que dende a organización nos falou un poco de todo o que trae consigo este festival....more9minPlay
August 30, 2017Ent. Doutora Marisa López García, directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e TexidosA Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos está a facer unha intensa campaña de concienciación este verán, que pasa tamén polo traballo conxunto cos concellos. Este venres e sábado volverá estar a Unidade Móbil de Doazón de Sangue en Tui, onde a resposta por parte dos doantes está a ser moi boa. Con motivo da actual campaña “Ti dás o tipo. Súmate doa sangue” falamos coa directora, a doutora Marisa López García....more8minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,225 episodes available.