Na parroquia de Randufe celebran este domingo, 27 de agosto, a XXXI Carreira Popular, unha proba con distintas categorías e un percorrido máximo de 8 km. A cita comezará ás 10 da mañá no adro da Igrexa, ainda que para recoller os dorsais a organización estará no punto de encontro dende as 8.30h.
Falamos con Carolina Guerrero, Alba Martínez e Vanesa Rodríguez, da directiva da Asociación Xuntaza, que organiza a proba, e que nos contaron como se vai desenvolver.