Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Elena Baz, concelleira de Cultura da Guarda - Entroido 2018
    Os escolares puxeron hoxe a primeira nota de cor ao Entroido da Guarda co desfile que protagonizaron esta mañá dende a Alameda polas rúas da vila. A programación continua xa na fin de semana con diversas actividade e culminará o martes co desfile-concurso. Coma novidade este ano sete restaurantes ofrecen o "Menú de Entroido". Deunos os detalles Elena Baz, concelleira de Cultura da Guarda
    8 min
  • Ent. Alumnos de Calais, Francia - Intercambio no Indalecio Pérez Tizón
    Como cada ano estudantes de Calais, no norte de Francia, están a facer un intercambio con alumnos do Indalecio Pérez Tizón, e unha das súas citas habituais é o paso pola RMT.
    Eles mesmos nos contaron como está a ser a súa estancia e as principais diferenzas que atopan na súa convivencia con familias tudenses, principalmente relacionadas cos horarios ou cos gustos musicais.
    8 min
  • Ent. Antonio Castro, voceiro do PP - 100 días de goberno
    Antonio Castro, voceiro do PP, fixo hoxe balance dos 100 días de goberno que presidente Carlos Vázquez Padín, e do que forma parte.
    Explicaba que hai que tomar decisións dende o primeiro día, que están tomando decisión en equipo, e que teñen que pórse ao día nos distintos temas, póndolle empeño e gañas para conseguir os obxectivos marcados. Dende o primeiro momento dicía que tiveron claro que tiñan que coordinarse entre eles.
    14 min
  • Ent. Juan Carlos Blanco e José Manuel Diéz de ACITUI - San Valentin, Feira Agrícola, Sabor a Tui...
    A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui está traballando para poder celebrar durante as festas de San Telmo de novo unha feira agrícola e industrial na cidade. Así o confirmou hoxe o presidente deste colectivo, Juan Carlos Blanco, quen indicou que xa tivo contactos neste senso co Concello, e que terían coma emprazamento as instalación do CEIP nº2. Xa cursaron invitación a posibles expositores de maquinaria agrícola, automoción, gastronomía, artesanía, e outros produtos.
    En canto á promoción do comercio local teñen arestora en marcha a campaña de San Valentín
    Xa para o mes de marzo durante as primeiras catro fins de semana porán en marcha a campaña Sabor a Tui, e están ultimando a convocatoria do IV concurso de Pintura ao Aire Libre que se celebrará en Tui o domingo 1 de abril.
    16 min
  • Ent. Uxío Benítez, deputado de Cooperación Transfronteiriza - Nova Agrupación Europea de Cooperación Territorial
    A nova Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Minho reúne á Deputación de Pontevedra e á CIM Alto Minho nun organismo que facilite o traballo cooperativo entre os concellos limítrofes dun e outro territorio. Ata 16 concellos do Baixo Miño e o Condado-Paradanta, xunto con dez cámaras portuguesas forman esta AECT, unha ferramenta para a cohesión da contorna do río Miño en moitos ámbitos. Uxío Benítez, deputado de Mobilidade e Cooperación Transfronteiriza e impulsor da asociación, explicounos máis polo miúdo en que consiste a AECT.
    16 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro do PSdG - 100 días de goberno
    O voceiro do Partido Socialista, Enrique Cabaleiro, sobre os 100 días do goberno de Carlos Vázquez Padín, amosou no ámbito persoal decepción e tristura por cómo están indo as cousas, ainda que dicía era esperado tras a moción de censura, cun desprezo á xestión do anterior goberno. Afirmaba que a oposición está a facer oposición.
    23 min
  • Ent. Carlos Esteves - Raid TT Eurocidade de Todo Terreos
    150 vehículos participarán mañá en Valença no Raid TT Eurocidade de Todo Terreos. Sairán ás 9 hora española dende o cuartel dos Bombeiros Voluntarios. O 24 deste mes celebrarase un novo Raid TT pero de motos. Carlos Esteves, presidente do club organizador, Tração ás 4 Valença, falounos do evento.
    3 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…