Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. José Diéguez Dieppa, deán da Catedral de Tui - Obras na Catedral de Tui
    Na Catedral de Tui están a levar a cabo as obras de acondicionamento dos espazos que formaban parte da antiga residencia do bispo, do palacio episcopal, para poder destinalos a usos culturais. A intención é que nun futuro o museo diocesano e o museo catedralicio poidan pasar a ocupar esas dependencias.
    Estivemos a falar sobre estes traballos con José Diéguez Dieppa, deán da Catedral de Tui, que nos explicou en que están a consistir e os prazos que se manexan para esta primeira fase.
    16 min
  • Ent. Laura Llauder de O Pelouro - Espectáculo de danza
    Hoxe ás 18h a Abadía do Pelouro, en Caldelas, acolle o espectáculo “música para salvar vidas” de Adança de Uganda, dentro da xira que están a realizar por Europa. Trátase dun espectáculo benéfico, cuxa entrada será de 5€, os fondos serán para un orfanato de Urganda. As prazas son limitadas. Así o explicou Laura Llauder.
    Participará tamén a compañía Udanza da Escola O Pelouro que dirixe Laura Llauder
    5 min
  • Ent. Teresa Domínguez, directora CRA Mestra Clara Torres - Escola de Nais e Pais "Pensando nunha nova educación"
    A RMT é partícipe dun proxecto que inicia mañá da man do CRA Mestra Clara Torres. Trátase da Escola de Nais e Pais “Pensando nunha nova educación”, que poñen en marcha dende este centro educativo e que nesta ocasión contará con entrevistas e espazos dedicados á educación tamén na radio.
    Teresa Domínguez, a directora do CRA, estivo a falar con nós sobre esta nova edición e explicounos en qué consiste a Escola de Nais e Pais, que contará con figuras moi importantes no ámbito da educación.
    12 min
  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Son de Tui - 100 días de goberno
    Cen días despois da toma de posesión do novo goberno tras a moción de censura os proxecto que tiña sobre a mesa o anterior goberno están paralizados ou se cambian para retrasalos. Así o indicou esta mañá o voceiro de Son de Tui, Laureano Alonso, afirmando que a moción de censura supuxo unha paralización, ao tempo que pregunta pola situación dos proxectos que estaban encamiñados ou dos aprobados ao abeiro do Plan Concellos.
    Por outra parte sinalaba que é difícil avaliar o traballo dun goberno que dende o primeiro momento ten liortas internas.
    21 min
  • Ent. Manolo Crisóstomo - Subida a pé á Romería de San Xulián
    Mañá celébrase no Monte Aloia a Romería de San Xulián e dende fai anos un grupo de amigos se reúnen para subir andando ata a capela na peregrinaxe que se facía antigamente. A cita para todos os que queiran participar é no café El Pilar ás 9h para chegar ás 12h, cando comezará a misa solemne con procesión. Amais farán unha parada especial nun muíño onde se degustarán papas de millo. Contóunolo Manolo Crisóstomo, un dos encargados de recuperar esta tradición.
    5 min
  • Ent. Mónica Pampín - Programa Ponte ao Emprego da Asociación de Empresarios As Gándaras do Porriño
    A Asociación de Empresarios As Gándaras do Porriño leva a cabo este ano unha nova edición do programa Ponte ao Emprego, financiado pola Consellería de Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Este ano participan 85 mozos menores de 30 anos, dos que unha gran parte son de Tui coa colaboración do Concello.
    Estivemos a falar sobre este programa con Mónica Pampín, coordinadora do mesmo, que nos deu máis detalles sobre esta iniciativa para preparar aos mozos para a inserción laboral.
    9 min
  • Ent. Suso Corral e Fina Fernández - Gala de homenaxe a Antón Corral
    O músico e mestre de gaiteiros Antón Corral será homenaxeado mañá no Teatro Municipal de Tui nunha gala organizada polo Concello.
    Estivemos a falar con Suso Corral, fillo de Antón Corral, e con Fina Fernández, autora do libro “Antón Corral. A alborada dun soño”, sobre unha homenaxe que contará coa participación dalgúns dos seus alumnos como Carlos Núñez, Anxo Lorenzo ou Anxo Pintos. Amais estarán agrupacións vinculadas a esta figura da música tradicional.
    11 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…