Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura e Patrimonio - Novidades do PECH e a ARI e convenio cultural con Abanca
    Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente do Concello de Tui, visitou esta mañá a RMT para falar de distintos temas nos que están a traballar nas súas áreas.
    En primeiro lugar deunos conta do convenio que o Concello acaba de asinar con Abanca e coa súa obra social, Afundación, para acoller en Tui a mostra fotográfica "Auga, o sangue da terra".
    Amais falounos dos últimos pasos que se están a dar para a aprobación definitiva do PECH, que está previsto que sexa realidade este verán.
    A ampliación do ARI foi outro dos asuntos a tratar. Dende a Concellería de Patrimonio están traballando para que non esté limitada ao casco histórico da cidade.
    6 min
  • Ent. Maddi Sanz e Ismael Cabaleiro, dúo Nuri, e Esther Sánchez e Álex Farrepeira - Programación Betún 19 e 20 de xaneiro
    Esta fin de semana a Asociación Cultural Betún volve cunha ampla programación musical. Hoxe terán a súa habitual Jam Session e mañá a programación será dobre con oferta para os cativos e para adultos. Ás 18h o dúo Nuri ofrece o conto musicado para nenos "La historia de los sentimientos" e ás 22h volverán actuar para presentar o seu primeiro disco "Alalá".
    Contáronnos os detalles Esther Sánchez e Álex Farrapeira que viñeron acompañados dos integrantes de Nuri, Maddi Sanz e Ismael Cabaleiro, que amais actuaron para a RMT.
    21 min
  • Ent. Rodrigo Arbones, promotor do proxecto -Peregrinaxe en barcos de Remo
    Facer o Camiño de Santiago en barco de remo será posible este verán grazas ao proxecto que está en marcha promovido por Rodrigo Arbones. Tui será a base e punto de partida desta peregrinación coa colaboración dos clubs de remo locais. Os barcos empregados serán os fabricados en kit por Alec Jordan, cuxa ensamblaxe se faría en Tui. Deunos todos os detalles o promotor da iniciativa Rodrigo Arbones.
    9 min
  • Ent. Edgar Martínez, de A Túa Horta - Obradoiro de iniciación á agricultura orgánica en Areas
    Este sábado terá lugar no Centro Cultural de Areas Os Gaios un obradoiro de iniciación á agricultura orgánica a cargo de Edgar Martínez, de A Túa Horta e coa colaboración da Comunidade de Montes de Areas.
    Será unha xornada dedicada a distintos aspectos relacionados coa agricultura orgánica e ecolóxica como o solo, a fertilidade,o rego ou a flora e a fauna dunha horta. Así nolo contou Edgar Martínez.
    9 min
  • Ent. Joaquín Cadilla - Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais "Piueiro"
    Nos últimos meses conformouse na Guarda unha nova asociación co obxectivo de recuperar o patrimonio mariñeiro da vila baixo o nome de Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro.
    Tivemos ocasión de falar co seu presidente, Joaquín Cadilla, que nos explicou que o obxectivo é que non desaparezan as tradicións mariñeiras da Guarda, así como recuperar a historia das embarcacións, os utensilios e as costumes ou as verbas e os fenómenos fonolóxicos propios da comunidade mariñeira da vila.
    12 min
  • Ent, Manel Riveiro - Calendario Solidario 2018
    Por segundo ano consecutivo dende Manel Riveiro Peluqueros presentan un calendario solidario co que colaboran con SOS Tomiño-Baixo Miño.
    Trátase dunha reportaxe que segue a estética hipster e pin-up do ano pasado incorporando máis presenza de exteriores que agora mesmo están en plena campaña de venda de calendarios con moi bos resultados.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…