Este sábado celébrase en augas do río Miño en Tui a terceira proba do II Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica organizado polo Club Sen Amarras e a Federación Galega de Motonaútico adaptada, Sodináutica.
Carlos Estévez, do club Sen Amarras, deu conta esta mañá na nosa sintonía que o campionato comezou en 2016 cun total de 3 probas que este ano son xa cinco e seguirá crecendo o próximo ano.
Este sábado a cita comezará ás 11h na rúa Olímpicos Tudenses diante do Centro Interfederado, onde os participantes terán que afrontar distintas probas. Haberá unha nova quenda dende ás 16h. Agardan preto de 15 parellas participantes de toda Galicia.