Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,225 episodes available.
June 29, 2017Ent. Marisa Giráldez - Balance primeira temporada do club Bádminton TuiO Club Bádminton Tui celebra mañá unha xornada de portas abertas no pavillón do IES San Paio de 4.30h a 20h. A súa presidenta Marisa Giráldez fixo hoxe balance desta primeira temporada na que tiveron adestrando a 85 rapaces e a 12 adultos. E tamén avanzou os obxectivos que marcan para a próxima temporada....more10minPlay
June 29, 2017Ent. Montserrat Magallanes, concelleira de turismo de A Guarda - XXVII Festa da Langosta e da Cociña MariñeiraFalamos coa concelleira de turismo de A Guarda, Montse Magallanes, que nos contou un pouco mellor como se vai desenvolver esta XXVII edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Ademais de gastronomía esta cita está cargada de música e espectáculos para toda a familia....more8minPlay
June 28, 2017Ent. Sol Gómez Arteaga, M. Vázquez de la Cruz e Javier Vázquez- Presentación libro 'El sol a la tinaja y otros cuentos'Hoxe falamos con Manuel Vázquez de la Cruz e Javier Vázquez, da Asociación Levada Libre, sobre a presentación do libro de Sol Gómez Arteaga "El sol a la tinaja y otros cuentos", que terá lugar no Club Náutico San Telmo o venres 30 ás 20h. Ademais a propia autora nos contou un pouquiño máis sobre a súa obra....more14minPlay
June 28, 2017Ent. Teresa Domínguez, directora do CRA Clara Torre - Premio Nacional de Educación á Carreira Docente.Falamos con Teresa Domínguez, directora do CRA Clara Torres, á quen lle acaban de conceder o Premio Nacional de Educación á Carreira Docente correspondente ao ano 2016. A mestra contounos como se recoñece con este premio todo o que ten feito no ámbito educativo sen esquecer a importancia de Clara Torres na súa carreira....more11minPlay
June 27, 2017Ent. José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente - Composteiros, praias...O concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, deu conta hoxe na nosa sintonía da entrada en funcionamento a próxima semana dos composteiros comunitarios na traseira da Área Panorámica. Ao tempo fixo un chamamento á cidadanía para o correcto uso dos contedores de recollida selectiva. Deu conta tamén do estado das praias fluviais. E na súa calidade de presidente do club AndaTui explicou os detalles da Andaina Romaría das Angustias prevista para este sábado....more11minPlay
June 27, 2017Ent. Antía Muíños, graduada en Comunicación Audiovisual - reporteira Vaia TroulaFalamos coa nosa compañeira Antía Muíños que este domingo se estrea como reporteira do programa da Televisión de Galicia "Vaia Troula". Antía comentounos un pouco como están a ser os seus primeiros pasos na pequeña pantalla....more8minPlay
June 27, 2017Recomendacións literarias May Acebes - 27/06/17May Acebes cerra a temporada literaria coa súa última recomendación: o libro "El domingo de las madres" de Graham Swift. Ademais trae un par de curiosidades lingüísticas e unha belísima sorpresa de despedida... ata setembro....more13minPlay
June 26, 2017Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Actualidade municipal, dous anos de gobernoAntonio Lomba leva dous anos ao fronte do Concello da Guarda. Hoxe na nosa sintonía fixo balance deste período e falou de proxectos nos que traballan coma a humanización da rúa Concepción Arenal, a saída sur do Porto, un auditorio, ou a demanda do remate da VAP Tui-A Guarda....more26minPlay
June 23, 2017Ent. Carmen Núñez e José Ramón Magán - O 30 de xuño comezará a peonalización definitiva do conxunto histórico de TuiO venres 30 de xuño comezará a peonalización definitiva do conxunto histórico de Tui, tras remata a fase de proba realizada durante este mes de xuño. A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, e o de Seguridade, José Ramón Magán, valoraron na nosa sintonía esta fase de proba....more18minPlay
June 23, 2017Ent. Xacobo Morais, Laureano Alonso e Toñín Martín - II Campus de Fútbol Sala Toñín MartínFalamos sobre o II Campus de Fútbol Sala Toñín Martín. Xacobo Morais, coordinador de A Quinta de Tui, Laureano Alonso, concelleiro de deportes, e o propio Toñín Martín explícannos como se vai desenvolver o Campus, cales son as previsión e o que os rapaces van poder aprender....more12minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,225 episodes available.