Este sábado a partir das 20.30h a praza tudense de Frómista será o corazón musical da cidade co concerto de fin de verán organizado polo Betún coa colaboración do Concello de Tui.
A cita contará co DJ. Funkunte, socio betuneiro e habitual das sesións da Asociación e con concerto do grupo local Best Boy ás 22h como prato forte.
Falamos con Jorge Aldir, membro do Betún, que nos deu os detalles sobre a celebración que organizan para clausurar a estación.