Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,225 episodes available.
July 07, 2017Ent. Alejandro Lorenzo - Programación Betún 7 e 8 de xulloVolve como cada fin de semana a programación cultural do Betún, na rúa Cuenca. Hoxe, 7 de xullo, a partir das 22h haberá a Jam Session habitual de cada primeiro venres de mes. Mañá a oferta continúa con dous concertos de rock a cargo de Taku e Trioceros. Deunos máis detalles Álex Lorenzo....more3minPlay
July 06, 2017Ent. Rubén López e Eduardo Rodríguez - Curso de gaita de fol no Conservatorio de TuiO Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Asociación Frai Rosendo Salvado organizan un curso de Gaita de Fol esta fin de semana a cargo de David Bellas, titulado superior no CMUS de Vigo. Falamos sobre esta iniciativa con Rubén López, director do Conservatorio Superior de Tui, e con Eduardo Rodríguez, profesor de gaita....more5minPlay
July 06, 2017Ent. Cristina Martínez, concelleira de cultura de Tomiño - Programación do Verán Cultural 'O Son da Praza'Esta semana dá comezo a programación do Verán Cultural "O Son da Praza" de Tomiño. Estivemos conversando coa concelleira de cultura do municipio, Cristina Martínez, que nos deu conta de todos os detalles da oferta prevista para os meses de xullo e agosto....more6minPlay
July 06, 2017Ent. Miguel Capón de AtT - Rolda de entrevistas 2 anos da corporación municipalO voceiro de AtT e concelleiro de Eurocidade, Miguel Capón Rey, compareceu hoxe na nosa sintonía dentro da rolda de conversas co gallo dos dous anos das corporación municipais. Capón Rey fixo un balance positivo destes dous anos de goberno municipal no que hai proxecto político común baseado nos proxectos políticos dos catro grupos. Sobre unha posible moción de censura dicía que é legal pero outra cousa é que sexa lexítima....more23minPlay
July 04, 2017Ent. Rubén López, Jorge Vicente Amorín e Rafael Yebra - II Aula Internacional de SaxofónA próxima semana terá lugar a II Aula Internacional de Saxofón, organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Asociación Frei Rosendo Salvado. Falamos dos detalles con Rubén López, o seu director, e co profesor de saxofón Jorge Vicente Amorín. Ademais tivemos a oportunidade de conversar con Rafael Yebra, do CMUS de Vigo, que será un dos profesores encargados desta aula xunto con Arno Borkamp, do CMUS de Ámsterdam....more9minPlay
July 03, 2017Ent. Clara de Macedo, de Un Máis, e Ana Vila, psicóloga de Anarela - Campamento de verán "Conectando Máis"Falamos con Clara de Macedo, da Asociación Un máis, e con Ana Vila, Psicóloga de Anarela. Estas dúas mulleres implicadas no traballo con nenos con TEA déronnos conta dos resultados do proxecto "Dentista Máis" e faláronnos un pouco sobre as actividades que haberá no campamento de verán "Conectando Máis"....more14minPlay
July 03, 2017Ent. Carlos Vázquez Padín, voceiro C21 Rolda 2 anos de corporación municipalO 13 de xuño de 2015 tomaba posesión a actual corporación municipal de Tui, motivo polo que iniciamos unha rolda de entrevistas cos representantes dos distintos grupos políticos. Hoxe comezamos con Carlos Vázquez Padín, de C21, quen fixo balance destes dous anos, pero tamén se referiu á rolda de prensa que ofreceron o pasado sábado....more24minPlay
June 30, 2017Ent. Samuel Diz, director - Este ano non se celebrará Música no ClaustroEste mes de agosto non se celebrará unha nova edición de Música no Claustro debido á realización de obras no templo catedralicio. Así o confirmaba hoxe na nosa sintonía o seu director Samuel Diz....more10minPlay
June 30, 2017Ent. Sergio Alonso - Programación Betún 30 de xuño e 1 de xulloHoxe e mañá temos cita musical no Betún, na rúa Cuenca. Hoxe a partir das 23h sesión Disco Beta coa habitual selección musical aberta á participación de todos os betuneiros. Mañá a música correrá a cargo de Funkente, un Dj betuneiro que mezclará soul e funk coa electrónica e moitos outros estilos. As dous días a entrada é de balde para todos os socios....more3minPlay
June 30, 2017Ent. Manuel Méndez, Asoc. Lembranzas da Terra - IV Festa Luso GalaicaAs parroquias tudenses de Paramos, Baldráns, Guillarei e Caldelas e as valencianas de Verdoejo, Friestas e Ganfei participan este domingo na IV Festa Luso Galaica no parque de merendas de Verdoejo en Valença. Haberá actividades ao longo de todo o día das que nos deu conta Manuel Méndez da Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei....more5minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,225 episodes available.