Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,225 episodes available.
July 20, 2017Ent. José Martinez Tato, concelleiro Medio Ambiente, e Manuel Gómez - Composteiros ComunitariosEn 2020 debemos reciclar o 50% do lixo que xeramos. Na actualidade aínda estamos lonxe desa porcentaxe e só reciclamos o 18% do lixo. A instalación de composteiros comunitarios busca reciclar tamén o materia orgánica que deste xeito se converterá en compost. En Tui hai tres puntos de composteiros comunitarios, na Avenida de Portugal, na rúa Compostela, e na traseira da Área Panorámica. Este último punto vén de abrirse e por este motivo convócase aos veciños da zona a unha reunión informativa o mércores 26 ás 21h na Sala Xacobeo. Así nolo contaron hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, e o mestre composteiro, Manuel Gómez....more12minPlay
July 20, 2017Ent. Carmen Núñez, concelleira de Patrimonio, e María Ferreirós - Oficina de Rehabilitación do Concello de TuiDar a coñecer as convocatorias de axudas para obras e axudar na tramitación destas achegas é o obxectivo da Oficina de Rehabilitación que dende comezos de mes presta servizo no Concello de Tui. Así o explicou hoxe a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez. María Ferreirós, a técnica responsable desta oficina, explicou que esta axudas repercutirán na calidade da vida dos veciños. A Oficina atende aos veciños os xoves de 9 a 14h informándoos das axudas existentes e asesorándoos no proceso a seguir....more10minPlay
July 20, 2017Ent. Ángel Sánchez de Best Boy - Concerto no IKFEMOs Best Boy volven mañá a casa, a Tui, para abrir musicalmente o IKFEM, nun concerto especial na vella Ponte Internacional de Tui-Valença. Os temas do seu primeiro traballo "Cross the border" soarán a partir das 21h nun evento especial coma hoxe explicaba Ángel Sánchez....more7minPlay
July 20, 2017Ent. Aurelio Rodríguez e Joaquín Valverde - IV Festival Arume de MalvasEste sábado ás 20.30h terá lugar no torreiro de Malvas o IV Festival Arume de Malvas. No mesmo participarn o grupo Airiños de Orbazal de Lugo, Santa Columba de Ribadelouro e os organizadores Arume de Malvas. Desta actividade faláronnos Aurelio Rodríguez, presidente, e Joaquín Valverde....more6minPlay
July 19, 2017Ent. Pedro Álvarez, pte de Vigo Guardians - Campus de fútbol americano e futbol flag en TuiAs instalacións deportivas Álvarez Durán de Tui acollen este sábado o I Campus de fútbol americano e fútbol flag organizado polo Club Vigo Guardians coa colaboración do Concello de Tui. Pedro Álvarez, presidente dos Vigo Guardians explicou as características deste deporte, e en qué vai consistir a actividade prevista para este sábado de 10 a 13h e de 16 a 19h...more7minPlay
July 19, 2017Ent. Enrique García, comandante Naval do Miño - Relevo ao fronte da comandanciaTras dous anos ao fronte da Comandancia Naval do Miño o capitán de corveta Enrique García entregará mañá ao mando ao tamén capitán de corveta José Ignacnio Tobarra. Hoxe Enrique García fixo balance destes dous anos en Tui....more11minPlay
July 19, 2017Ent. Andrea González, directora IKFEM - V Festival Internacional de Instrumetos de Tecla da EurocidadeEste venres arranca unha nova edición do Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade Tui-Valença. Falamos coa súa directora, Andrea González, que nos deu conta de todos os detalles deste V IKFEM. Concertos, marterclases e wokshops encheran as dúas beiras do Miño de música no quinto aniversario do evento....more11minPlay
July 18, 2017Ent. Antonio Costas e Xosé Oliveira, da Asociación O Mosteiro de Pexegueiro - Festival Nacional de Folclore 2017Este sábado, 22 de xullo, celébrase no Centro Cultural de Pexegueiro o Festival Nacional do Folclore 2017, no que participarán o grupo folclórico O Mosteiro e o grupo de Jota Aragonesa Cinco Villas. Falamos con Antonio Costas, presidente da Asociación Socio-cultural O Mosteiro, e con Xosé Oliveira, responsable do seu grupo de gaitas, que nos deron conta dos detalles deste encontro....more12minPlay
July 17, 2017Ent. María José González, concelleira de Ensino e Cultural - Verán cultural e obras no colexiosEste xoves comeza a programación do verán cultural en Tui que vén recollida nun novo número da Axenda Corredoira Cultural que foi presentada o pasado venres. A concelleira de Ensino e Cultura, María José González, explicounos con detalle a oferta prevista. Ao tempo deu conta tamén das actuacións que se están a realizar nos distintos centros educativos aproveitando a época estival....more18minPlay
July 14, 2017Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Balance de dous anos de corporación municipalO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou hoxe os dous anos de corporación municipal, que nas súas palabras foron intensos cun funcionamento exemplar do goberno. Saiu ao paso das críticas dos grupos da oposición de existir catro alcaldes e de falta de diálogo.Sobre a moción de censura sinalou que non lle preocupa pero matizou que non lle agrada porque reclaman o dereito de rematar o traballo iniciado no dous anos que restan ata as próximas eleccións....more24minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,225 episodes available.