Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Diego Lorca de Titzina con La Zanja
    Diego Lorca e Pako Merino serán os dous actores que mañá estarán no Teatro Municipal de Tui para representar "La Zanja", a última montaxe de Titzina Teatro. Diego Lorca explicou hoxe os pormenores desta obra que conta o encontro entre dous mundos, entre un enxeñeiro que vai establecer unha mina de ouro e o alcalde que o recibe, cun enlace histórico, co paralelismo coa chegada de Pizarro e o seu encontro co último rei Inca.
    7 min
  • Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura - Axenda Corredoira Cultural e Mostra "Auga, o sangue da terra"
    Esta mañá estivemos a conversar con Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura, sobre a programación para os vindeiros meses logo de que a semana pasada fose presentada a Axenda Corredoira Cultural. As citas en Tui pasan polo teatro, pero tamén contan con propostas cinematográficas e inclúen o Entroido, as festas de San Telmo ou o Play Doc. Amais no seu paso pola RMT aproveitou para dar conta da inauguración esta tarde da exposición de fotografías de Manuel Valcárcel "Auga, o sangue da terra", froito da colaboración con Afundación.
    10 min
  • Ent. Alberto González - O Silabario abrirá na sede do Celta en Vigo
    O cociñeiro tudense Alberto González abrirá nuns meses o restaurante Silabario na última planta da sede do Celta en Vigo. Agora mesmo están en fase de obra do novo local no que Alberto González continuará a súa aposta por unha cociña coidada, de base tradicional galega e na que non deixará de sorprender. O seu bofacer culinario foi recoñecido tanto coa Estrela Michelín coma co Sol de Repsol.
    7 min
  • Ent. Olimpio Pérez Castro, enxeñeiro técnico industrial - Conferencia 'Incendios basta xa'
    Esta tarde ás 20.30h o Liceo Casino acolle a conferencia "Incendios basta xa! A verdade dos incendios", que contará coa ponencia de Olimpio Pérez Castro, enxeñeiro técnico industrial e profesor de instituto. Amais estará acompañado de representantes das distintas comunidades de montes de Tui nunha mesa redonda moderada por Emilio Alonso. Trátase dunha cita organizada por VONAGA.
    10 min
  • Ent. Gloria Mosquera - Mamá Cabra con 'Paxaro Amigo'
    O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres ás 20h o espectáculo "Paxaro Amigo" de Mamá Cabra. Hoxe Gloria Mosquera que forma parte do elenco da obra contounos que mesturan teatro, música, poesía...coa paz coma tema de fondo. As entradas estarán á venda dende ás 18h ao prezos de 4€ e 3€.
    4 min
  • Ent. Carmen Núñez do BNG - 100 días de goberno
    Carmen Núñez, voceira do BNG, manifesta que estes cen días do novo gobernó é un folletín por capítulos, e os motivos nos que xustificaron a moción de censura non se están a cumprir no seu parecer. Por outra parte Carmen Núñez sinalaba que arestora non hai resultados do novo gobernó, indicando que a súa xestión ten que ser continuista en temas coma a tramitación do PEPCHA ou a apertura da rúa Ourense, pero doutros proxectos aprobados ao abeiro do Plan Concellos non se sabe nada.
    18 min
  • Ent. Miguel Capón de ALT - 100 días de goberno
    Miguel Capón, voceiro de Alternativa Tudense, considera que o goberno municipal que preside dende hai 100 días Carlos Vázquez Padín, segue aterrizando, e bota de menos maior prudencia por parte do alcalde, sen novidades salvo a supresión do imposto de plusvalía.
    21 min
  • Ent. José Diéguez Dieppa, deán da Catedral de Tui - Obras na Catedral de Tui
    Na Catedral de Tui están a levar a cabo as obras de acondicionamento dos espazos que formaban parte da antiga residencia do bispo, do palacio episcopal, para poder destinalos a usos culturais. A intención é que nun futuro o museo diocesano e o museo catedralicio poidan pasar a ocupar esas dependencias.
    Estivemos a falar sobre estes traballos con José Diéguez Dieppa, deán da Catedral de Tui, que nos explicou en que están a consistir e os prazos que se manexan para esta primeira fase.
    16 min
  • Ent. Laura Llauder de O Pelouro - Espectáculo de danza
    Hoxe ás 18h a Abadía do Pelouro, en Caldelas, acolle o espectáculo “música para salvar vidas” de Adança de Uganda, dentro da xira que están a realizar por Europa. Trátase dun espectáculo benéfico, cuxa entrada será de 5€, os fondos serán para un orfanato de Urganda. As prazas son limitadas. Así o explicou Laura Llauder.
    Participará tamén a compañía Udanza da Escola O Pelouro que dirixe Laura Llauder
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…