Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,225 episodes available.
May 31, 2017Ent. Valentín e Nona - Integrantes do grupo SivayvaValentín e Nona, integrantes do grupo Sivayva, estiveron hoxe no programa Día a Día onde nos achegaron en directo a súa música. Estes días están en Galicia onde agardar poder ofrecer varios concertos....more8minPlay
May 31, 2017Ent. Manuel Gonzalez Vazquez - Candidato á presidencia local do PPManuel González Vázquez, concelleiro e líder de Ciudadanos Tudenses, confirmaba na nosa sintonía que presentou a súa candidatura á presidencia do PP en Tui. Coincidía co outro candidato, José Ángel Taboada, en que o mellor sería chegar a unha candidatura de consenso, para o que xa mantiveron algún contacto, amosando a boa disposición por ambas partes. Explicaba que índa que formou Ciudadanos Tudenses é militante e afiliado do PP....more7minPlay
May 31, 2017Ent. José Ángel Taboada - Candidato á presidencia do PP de TuiO garda civil retirado José Ángel Taboada presentou a súa candidatura a presidir o congreso local do Partido Popular de Tui. Hoxe na nosa sintonía explicaba que o obxectivo é unificar o partido. Recoñecía que hai outra candidatura, a presentada por Manuel González Vázquez, indicando que persoalmente lle gustaría chegar a un acordo para poder presentar ao congreso local unha lista de integración....more7minPlay
May 31, 2017Ent. José Quinteiro, pte SOS Tomiño Baixo Miño - Xantar SolidarioA Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, vai celebrar este domingo 4 de xuño ás 14h, o seu IX Xantar Solidario no parque de Pias ao lado da ponte do rió Tamuxe no Rosal, baixo carpa. O presidente de SOS Tomiño Baixo Miño, José Quinteiro, explicou o obxectivo deste xantar, e tamén avanzou as próximas campañas que van realizar....more14minPlay
May 30, 2017Ent. Laureano Alonso, concelleiro - Campamentos urbanos, visitas guiadas, deportes...O concelleiro de Deportes, Servizos Sociais e Turismo, Laureano Alonso, avanzou hoxe na nosa sintonía que do 1 ao 9 de xuño se abrirá o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos que oferta o Concello de Tui. Falou tamén do campus de fútbol sala e da Eurocidade 10, amais de felicitar a deportistas e clubs polos recentes éxitos. Tamén deu conta no eido turístico do próximo inicio das visitas guiadas á cidade....more14minPlay
May 30, 2017Ent. Rosendo Bugarín - Semblanza Alejo Díz Jurado.A corporación municipal de Tui acordou por unanimidade solicitar á Xunta que o novo centro de saúde de Tui leve o nome do médico tudense Alejo Diz Jurado. O tamén médico Rosendo Bugarín achegounos a este destacado persoeiro tudense do século XX....more14minPlay
May 30, 2017Ent. alfombristas - Preparación alfombras Corpus.Un grupo de voluntarias traballa xa nos preparativos para a confección das alfombras de Corpus en Tui. O próximo luns comezarán coa preparación do venres no claustro da Catedral e pouco a pouco irán realizando todos os traballos precisos que culminarán na alfombra florar na Praza de San Fernando. Convidan a sumarse a todos aqueles que o desexen,...more8minPlay
May 30, 2017Ent. José Mtnez Tato, concelleiro - Composteiros, Balcóns do Aloia, acto traídas augaHoxe visitounos José Martínez Tato para tratar tres asuntos. Na súa calidade de concelleiro de Medio Ambiente, deu conta da ampliación do número de composteiros comunitarios no casco urbano ante a excelente acollida que están a ter os instalados na rúa Compostela. Amais na RMT imos sortear 27 composteiros individuais de SOGAMA para quen desexe sumar a esta iniciativa na casa, para o que será preciso que conten cun pequeno terreo. Coma membro do BNG explicou o problema que teñen algunhas traídas veciñais ás que non se lles renovou a concesión por parte da CHMS, tema que trarán ás 20.30h na Área Panorámica. E por último coma presidente do club AndaTui deu conta do percorrido que realizará este sábado a Andaina Balcóns do Aloia....more10minPlay
May 30, 2017Ent. Pablo Ponce de León, comandante - Concurso de Patrullas da BrilatMañá ás 8h sae da rúa Olímpicos Tudenses de Tui o Concurso de Patrullas da Brilat no que van participar 21 patrullas que terán que completar os 120 quilómetros entre Tui e Santiago e realizar amais 7 probas. O comandante Pablo Ponce de León explicou cómo se vai realizar esta actividade....more7minPlay
May 29, 2017Ent. remeiros do Aglia Rusking University Rowing concentrados en TuiAté este mércores, 31 de maio, están en Tui un grupo de remeiros universitarios da cidade de Cambrigde pertencentes ao Aglia Rusking University Rowing. Con idades entre os 18 e os 24 estes remeiros están a adestrar no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo en Tui, xunto aos remeiros do Club Remo Tui. Entre os membros do equipo inglés está o tudense Darío Al-Barazi que nos acompañaou esta mañá xunto aos remeiros Joe Lilis e Alex Shaw e o directivo José Siás....more12minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,225 episodes available.