O vindeiro venres 24 de novembro o paseo da Corredoira será escenario dun fashmob solidario levado a cabo polo CEIP Nº1. Todos os nenos e profesores participarán nunha cita á que están invitadas tanto as familias dos alumnos coma todos os tudenses e que ten por obxectivo recoller auga potable para o Concello das Neves.
Tivemos ocasión de falar con Nina Méndez e Alba Estévez, dúas nenas de 3º e 6º respectivamente, e con Nuria Feijoo, unha das súas profesoras, sobre esta iniciativa solidaria.