Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Laura González, Ana Vila, Montse Mon e Clara de Macedo - "Música para todos" de 1Máis e o Conservatorio de Tui
    A raíz do campamento para nenos con TEA que se realizou este verán en Tui a profesora do Conservatorio Laura González e a psicóloga do gabinete Anarela Ana Vila iniciaron un proxecto que agora se fai realidade en “Música para todos”. Trátase dunha iniciativa para achegar a formación musical aos nenos con Trastorno do Espectro Autista. Falamos con elas e coas nais de dous dos nenos que están a participar.
    14 min
  • Ent. Elena Rodríguez, coordinadora provincial de Educación Viaria - Xornadas de Educación Viaria Escolar
    A Xefatura provincial de Tráfico e o Concello de Tui están a levar a cabo un ano máis a súa iniciativa de educación viaria para nenos. Durante o pasado curso esta actividade levouse a cabo nos CEIP nº1 e nº2, e nesta ocasión son os nenos dos colexios das distintas parroquias os que se están a formar en seguridade e normativa viaria. Falamos sobre as xornadas con Elena Rodríguez, coordinadora provincial de educación viaria.
    6 min
  • Ent. Ángel Olguera, pte. COGAMI - concertracións 'Accesibilidad Ya'
    Esta mañá tiveron lugar unha serie de concentracións en distintas localidades coa finalidade de facer visible a discriminación á que se enfrontan as persoas con discapacidade pola presenza xeneralizada de barreiras.
    COGAMI participa así no marco dunha campaña de COCEMFE Nacional baixo o lema “#AccesibilidadYA: pola accesibilidade de produtos, entornas, bens e servizos”.
    Ángel Olguera é o presidente de COGAMI, e con el falamos sobre os problemas que se atopan cada día.
    6 min
  • Ent. Serafin Martínez de Quality Sports - Urban Trail Night
    A Urban Trail Night chegará por segundo ano consecutivo á Eurocidade Tui-Valença este sábado día 11, unha proba de 14 km cun trazado que pretende sorprender aos participantes con todo tipo de escenarios entre dous países. Está organizado pola empresa Quality Sports, dende a que Serafín MArtínez nos deu máis detalles desta cita deportiva.
    9 min
  • Ent. Xabier Garrido - Homenaxe á Marea Branca na Guarda
    O Concello da Guarda celebrará unha homenaxe a todas as persoas que axudaron na limpeza das costas galegas tras o afundimento do Prestige. Será o vindeiro domingo 19, cando se cumpren 15 anos do desastre, ás 12.30h xunto ao monumento "Homenaxe á Marea Branca" no mirador de Fonte Quente.
    O acto contará, entre outros, coa intervención de Xabier Garrido, creador do monumento e impulsor da homeanxe, co que tivemos ocasión de falar esta mañá.
    6 min
  • Ent. Areta Bolado, de A Panadaría - 'Elisa e Marcela' no Teatro de Tui
    Hoxe ás 21.30h A Panadaría presenta “Elisa e Marcela”. Baixo a dirección de Gena Bahamonde as actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman dan vidaao primeiro matrimonio homosexual en Galicia. Casaron o 8 de xuño de 1901 e para logralo Elisa tivo que se transformar en Mario. A súa é unha historia de transgresión, de desafío ás regras e de defensa dos seus dereitos. Con Areta Bolado tivemos ocasión de falar sobre esta proposta teatral e musical.
    6 min
  • Ent. José Expósito, de Pistacatro - 'Outono' no Teatro de Tui
    A compañía de novo circo galego Pistacatro celebra os seus dez anos reunindo a parte dos seus fundadores, cunha homenaxe aos pallasos clásicos e con música en directo. É unha celebración da amizade e do fracaso. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor. Sobre o escenario estarán Aitor Garuz, Natalia Outeiro “Pajarito”, Pablo Reboleiro e Manu Lago.
    Falamos sobre este espectáculo de circo clásico con José Expósito.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…