A Eurocidade Tui-Valença acolle esta fin de semana unha reunión da Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago con ocasión da admisión coma membro da Academia de Gastronomía Portuguesa do Camiño de Santiago, coa que pasan a ser unha federación de carácter internacional.
Na RMT estivemos a conversar con Francisco Bobadilla, presidente da Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago.