Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,361 episodes available.
July 24, 2017Ent. Quino Areal, secretario do Tyde FC. - I Campus de Fútbol Verán Solidario 2017Do 31 de xullo ao 4 de agosto celébrase a primeira edición do Campus de Fútbol Verán Solidario no campo de fútbol Álvarez Durán. Falamos co secretario do Tyde FC, equipo organizador desta iniciativa, que nos deu conta dos detalles das actividades que poderán facer os nenos que participen....more10minPlay
July 24, 2017Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Feira Benéfica de AntigüidadesMañá de 10 a 21h celébrase no Paseo da Corredoira unha Feira Benéfica de Antigüidades, Coleccionismo, Vintage e Libro Usado da que nos falou o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso. Deu conta tamén da actuación prevista ás 20h e do carácter solidario deste evento....more5minPlay
July 24, 2017Ent. María Gándara e Pablo Glez da Escola de Baile e Música San Fins - XVIII Noite Internacional do MiñoA Noite Internacional do Miño cumple mañá 18 anos organizada pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns. A cita será mañá ás 21.30h no Parque do Laxal con grupos de México, Kenia, Letonia e Xeorxia. Deste espectáculo faláronnos María Gándara e Pablo González....more5minPlay
July 24, 2017Ent. Carlos César Rodríguez, pianista - V Festival Internacional de Instrumentos de Tecla IKFEMMañá clausurase o V Festival Internacional de Instrumentos de tecla da Eurocidade Tui-Valença con un recital ibero-americano da man de Carlos César Rodríguez. Falamos con este importante pianista sobre o que vai soar na Igrexa de San Domingos a partir das 22h de mañá, pero tamén do seu papel como profesor nas masterclases do festival e da experiencia como director dos dez pianos que soaron durante a inauguración do venres na vella ponte internacional....more9minPlay
July 21, 2017Ent. Jorge Aldir do Betún - Programación venres 21 e sábado 22Dobre proposta musical na casa betuneira esta fin de semana. Coma hoxe nos contou Jorge Aldir esta noite ás 23.30h Bizarre Freak Party con Pumoso con Gaseosa. E mañá ás 21.30h en concerto Jaguars e Salvaje....more11minPlay
July 21, 2017Ent. Daniel Pereira, pianista - Concerto Cancións para sempre no IKFEMA Fortaleza de Valença acolle o sábado ás 23h o concerto "Cancións para sempre" da man de Gabriela Rodríguez e Daniel Pereira. Este último explicounos que se trata dun evento musical para todos os público onde haberá repertorio de clásicos da canción. A entrada será de balde....more6minPlay
July 20, 2017Ent. José Martinez Tato, concelleiro Medio Ambiente, e Manuel Gómez - Composteiros ComunitariosEn 2020 debemos reciclar o 50% do lixo que xeramos. Na actualidade aínda estamos lonxe desa porcentaxe e só reciclamos o 18% do lixo. A instalación de composteiros comunitarios busca reciclar tamén o materia orgánica que deste xeito se converterá en compost. En Tui hai tres puntos de composteiros comunitarios, na Avenida de Portugal, na rúa Compostela, e na traseira da Área Panorámica. Este último punto vén de abrirse e por este motivo convócase aos veciños da zona a unha reunión informativa o mércores 26 ás 21h na Sala Xacobeo. Así nolo contaron hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, e o mestre composteiro, Manuel Gómez....more12minPlay
July 20, 2017Ent. Carmen Núñez, concelleira de Patrimonio, e María Ferreirós - Oficina de Rehabilitación do Concello de TuiDar a coñecer as convocatorias de axudas para obras e axudar na tramitación destas achegas é o obxectivo da Oficina de Rehabilitación que dende comezos de mes presta servizo no Concello de Tui. Así o explicou hoxe a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez. María Ferreirós, a técnica responsable desta oficina, explicou que esta axudas repercutirán na calidade da vida dos veciños. A Oficina atende aos veciños os xoves de 9 a 14h informándoos das axudas existentes e asesorándoos no proceso a seguir....more10minPlay
July 20, 2017Ent. Ángel Sánchez de Best Boy - Concerto no IKFEMOs Best Boy volven mañá a casa, a Tui, para abrir musicalmente o IKFEM, nun concerto especial na vella Ponte Internacional de Tui-Valença. Os temas do seu primeiro traballo "Cross the border" soarán a partir das 21h nun evento especial coma hoxe explicaba Ángel Sánchez....more7minPlay
July 20, 2017Ent. Aurelio Rodríguez e Joaquín Valverde - IV Festival Arume de MalvasEste sábado ás 20.30h terá lugar no torreiro de Malvas o IV Festival Arume de Malvas. No mesmo participarn o grupo Airiños de Orbazal de Lugo, Santa Columba de Ribadelouro e os organizadores Arume de Malvas. Desta actividade faláronnos Aurelio Rodríguez, presidente, e Joaquín Valverde....more6minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,361 episodes available.