Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. José Ramón Núñez, apiterapeuta - Apiterapia, tratamentos con abellas
    Na RMT recibimos a José Ramón Núñez para falar dun tratamento 100% natural: a apiterapia. Trátase dunha técnica contra distintos problemas como a dor cervical, a lumbalxia, as migrañas ou a artrose co veleno das abellas. José Ramón Núñez explicounos amais as facultades da apiterapia e como actúan outros compoñentes producidos polas abellas no corpo humano.
    23 min
  • Ent. María Jesús da Silva, voceira de APTui - Situación política
    Na rolda de entrevistas aos voceiros dos distintos partidos con representación no Concello de Tui para falar sobre a moción de censura hoxe falamos con María Jesús da Silva. Ela é a nova voceira de APTui fixo que a moción foxe posible dende o punto de vista numérico. Sobre os motivos para asinar a censura ao actual goberno asegura que non pode opinar sobre a falta de diálogo, xa que non estivo en contacto directo co día a día da política local e, polo tanto, non o viviu, pero si xustificou a actuación na falta de consenso entre os actuais concelleiros. Sobre o programa que van a intentar a levar a cabo de agora en diante, asegura que é un punto de partida que se marcaron, recoñecendo que o tempo e as posibles trabas burocráticas xogan na súa contra. Asegurou que para levar a moción adiante valoraron diferentes realidades e que foi sempre consciente de que aparecerían voces contrarias e aos críticos que falan de volta atrás respondeu asegurando que é preciso ter en conta que agora os populares traballarán con tres grupos máis.
    10 min
  • Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Situación política
    Para falar sobre a moción de censura tivo o seu espazo na RMT tamén Carmen Núñez, voceira do BNG e actual concelleira de Patrimonio. A súa opinión é clara, a moción de censura non está xustificada, amais asegurou que acordo programático que se presenta coa moción de censura non merece ningunha credibilidade despois da inactividade do PP cando gobernaba en maioría. Sobre o momento no que se presenta esta moción de censura Carme Núñez coincide cos seus compañeiros de goberno en lamentar que non se poida rematar a lexislatura, dende o seu punto de vista esta decisión está motivada polo medo a que se consolide unha opción alternativa ao PP e ao interese en recuperar a deputación.
    14 min
  • Ent. Antonio Castro Negro, voceiro de PP - Situación política
    Entre as voces que buscamos hoxe para falar da actualidade política en relación coa moción de censura está a do voceiro do PP, Antonio Castro Negro. Sobre os motivos presentar a moción de censura reiterou o que xa foron explicando os voceiros dos demais grupos asinantes. Falaba Castro Negro de mal entendemento e mala coordinación entre os grupo que forman parte do goberno. Tamén asegurou que é certa a falta de diálogo, xa que este só se producía nas comisións informativas. Do programa que presentan agora destacou a súa aposta polo rural e sobre a elección dun alcalde que non forma parte do seu partido e, polo tanto, non forma parte da lista máis votada, Castro Negro explicou que é un acordo ao que se chegou no PP local e provincial.
    13 min
  • Ent. Juan Carlos Blanco e José Manuel Díez, de ACITUI - balence do II Pinta Tui e avance da Feira de Nadal
    O pasado domingo tivo lugar en Tui o II concurso de pintura ao aire libre Pinta Tui organizado por ACITUI e o Concello de Tui. Esta mañá ma Radio Municipal de Tui falamos con Juan Carlos Blanco e José Manuel Díez, de ACITUI, que fixeron un moi bo balance desta cita coa arte na que houbo 34 inscritos e 29 participantes que podían plasmar calquera elemento relacionado coa cidade a través de distintas técnicas. Amais aproveitaron a ocasión para avanzar algo sobre os preparativos da Feira de Nadal.
    7 min
  • Ent. José Manuel Martínez, pte. da Coral Centro Social - Festival de Outono de Corais de Tui
    Esta tarde terá lugar o Festival de Outono no Teatro, unha iniciativa coa que as tres corais tudenses presentan no Teatro Municipal parte dos seus repertorios. A Coral Centro Social de Tui, a Coral Polifónica Ponte das Febres e a Coral San Telmo serán as protagonistas nunha tarde na que quedan abertas as portas ás sorpresas.
    Falamos con José Manuel Martínez, presidente da Coral Centro Social, e con Teresa Prieto e Ricardo Martínez, da Coral San Telmo, sobre esta cita coa música polifónica.
    16 min
  • Ent. Tono Mugico, técnico en turismo - Conferencia sobre o atractivo turístico e cinematográfico do Camiño de Santiago
    Hoxe ás 19.30h na Área Panorámica o Camiño de Santiago será o protagonista dunha conferencia con proxección e coloquio dedicada ao seu atractivo turístico e cinematográfico. Nesta iniciativa do Club Faro coa Deputación de Pontevedra intervirán o actor, director e produtor galego Rubén Riós e o técnico en turismo Tono Mugico. Con el precisamente falamos esta mañá para que nos contara en que vai consistir esta cita.
    5 min
  • Ent. José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente - Carpa de Compostaxe da Deputación de Pontevedra
    Falamos co concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, sobre a actividade que se está a realizar durante toda a mañá na rúa Compostela en Tui. Os interesados en saber como facer compost na casa pódense achegar ata a carpa da Deputación de Pontevedra situada xunto ao composteiro desta rúa, onde recibirá toda a información sobre a compostaxe e unha bolsa con un quilo de compost do Plan Revitaliza.
    3 min
  • Ent. Rafael Álvarez, xerente de Avelaíña - Día Mundial da Saúde Mental
    A Asociación Avelaíña celebrou hoxe o Día Mundial da Saúde Mental cunha Marcha Saudable que reuniu preto de 250 persoas entre usuarios, profesionais, familiares e achegados, e tamén alumnos dos centros educativos A Sangriña xunto ás autoridades locais.
    Esta celebración coincide cos actos que están a realizar este mes como parte do seu vixésimo aniversario na Guarda e que se encadran baixo o título “Tes un papel na nosa historia”.
    De todo isto e doutros aspectos relacionados coas enfermidades metais falamos con Rafael Álvarez, xerente de Avelaíña.
    17 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…