Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Laureano Alonso, voceiro de Son de Tui - Situación política
    Laureano Alonso, voceiro de Son de Tui, membro do equipo de goberno e concelleiro de Deporte, Servizos Sociais e Turismo, valorou a moción de censura presentada a semana pasada. Dende o seu punto de vista trátase dunha moción inxustificada e unha decisión tomada fora de tempo motivada pola ambición persoal. Considera que os votantes do PP teñen motivos para sentirse decepcionados polo que, nas súas palabras, é un engano dobre. En relación coa falta de diálogo a súa resposta é clara: persoalmente sempre estivo aberto a explicar o que se fai dende o goberno. Ante o argumento que fala da falta de entendemento considera que existe unha diferenza de sensibilidades, pero que pode ser incluso positiva.
    25 min
  • Ent. Mila González, voceira de CsT - Situación Política
    Mila González, voceira de Ciudadanos Tudenses, explicou que tras as negociacións levadas a cabo nos últimos meses e retomadas tras acceder ela ao cargo de voceira de CsT chegaron a un acordo para presentar a moción de censura baseándose no que consideran foi unha falta de diálogo por parte do actual goberno.
    Suma tamén aos motivos desta moción a falta de proxectos
    Afirmaba que o novo goberno non será unha volta atrás porque houbo unha renovación nos partidos que a apoian.
    17 min
  • Ent. Miguel Capón, voceiro de ALT - Situación política
    Miguel Capón voceiro de Alternativa Tudense, membro do equipo de goberno e concelleiro de Eurocidade e comercio, sobre a moción de censura presentada este luns recoñecía que é legal pero non lexítima porque non hai razóns extraordinarias para a súa presentación. Negou que houbese falta de diálogo coa oposición e tamén a existencia de división no seo do equipo de goberno. Ao tempo fixo repaso das areas de Comercio e Eurocidade.
    20 min
  • Ent. Marián González, da compañía Trompicallo - Estrea do espectáculo Planeta Ardora no Outono no Teatro de Tui
    Trompicallo será a compañía encargada de abrir este venres, 6 de outubro, no Teatro Municipal de Tui a programación de outono. Será ás 20h coa estrea da súa última montaxe “Planeta Ardora”, un espectáculo dirixido a público familiar coa luz como protagonista.
    Nos 50 minutos que dura a obra Sabela Amado Rojo, Luís González e Marián González conforman o elenco. Esta última, que tamén é a autora do espectáculo, avanzounos algo sobre unha proposta na que se pronuncian tan so catorce palabras.
    6 min
  • Ent. Ana Carpintero e Fran García - SomosOcéano
    En agosto de 2016 saiu ao mercado a empresa SomosOcéano formada por Ana Carpintero e o tudense Fran García. Hoxe presentáronnos a súa iniciativa empresarial na que apostaron por unha liña de moda sostible e cun compoñente sentimental galego. As camisetas Riquiñas, República Indenpendende as Illas Cías, son só algúns do modelos que teñen nunha oferta baseada no algodón e na que os calcetíns teñen un oco propio. Teñen tenda on-line pero tamén puntos de venda en distintos lugares de Galicia. Aquí en Tui en Porta da Pía e o Parador.
    17 min
  • Ent. María Jesús Prieto - Exposición de cadros ao óleo e arte con teas
    Dende hoxe pódese visitar na sala de exposicións do edificio da Área Panorámica unha exposición de cadros ao óleo e arte con teas. Trátase dunha mostra do traballo de María Luisa Crespo na parte de pintura e María Jesús Prieto na parte de tecidos ou patchwork.
    Esta exposición poderase visitar ata o vindeiro 23 de outubro en horario de 10h a 14h e pola tarde de 16h a 20h.
    Chus Prieto foi a encargada de explicarnos o que se pode ver na exposición, na que o seu traballo está representado por obras con distintas técnicas.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…