Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación política
    "Non hai razón obxectivas para presentar unha moción de censura, sí as hai políticas". Así o afirmou hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen non cuestiona a lexitimidade desta moción, e pon por diante a defensa da institución e dos veciños. Sobre o balance do goberno que preside recoñece que non foi doado por estar formado por catro grupos e pola situación que había no concello, pese a iso o balance dicía é satisfactorio.
    20 min
  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Concurso 'Pinta Tui'
    O Concello de Tui organiza por segundo ano consecutivo en colaboración con ACITUI, a Asocación de Comerciantes e Industriais de Tui, o concurso de pintura “Pinta Tui”. A cita será este domingo 8 de outubro e o obxectivo é achegar a arte e a cultura aos visitantes, así como incentivar a dinamización das actividades na cidade. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo, explicounos en que consistirá.
    7 min
  • Ent. Miguel Capón Rey, voceiro de AtT - Moción de Censura
    Miguel Capón voceiro de Alternativa Tudense e concelleiro da Eurocidade e Comercio, sobre a presentación da moción de censura é a crónica dunha morte anunciada porque se contaba com que se puidera presentar. Indicaba que a moción de censura é legal, pero non comparte a súa lexitimidade, xa que considera que non está xustificada.
    7 min
  • Carmen Núñez, do BNG - Moción de Censura
    Carmen Núñez, voceira do BNG e concelleira de Patrimonio no goberno tudense, valorou a presentación da moción de censura indicando que no seu parecer é legal pero non xusta. Sinte que se presente polos proxectos que tiñan en marcha.
    4 min
  • Ent. Laureano Alonso, Son de Tui - Moción de Censura
    Laureano Alonso, de Son de Tui e concelleiro de Deportes, Turismo e Servizos Sociais, indicaba que políticamente non entenden que se poida presentar moción aínda que legalmente teñen dereito e teñen 9 votos para facelo. No seu parecer a moción suporá un parón a proxectos que se están a realizar no Concello.
    7 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Presentada a moción de censura en Tui
    Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, valorou a primeira hora desta mañá a presentación da moción de censura levada a cabo esta mañá por PP, C21, CsT e APTUI. Sinalou que "nunca cuestionei a lexitimidade da moción de censura" ao tempo tempo que se amosou decepcionado por non poder rematar o traballo iniciado, con especial referencia a culminar a execución da apertura da rúa Ourense.
    6 min
  • Ent. Carlos Lima e Esther Sánchez - Programación Betún 29 e 30 setembro
    Nova fin de semana de programación musical na Asociación Cultural Betún, na rúa Cuenca. Carlos Lima e Esther Sánchez faláronnos da sesión Disco Beta desta noite e da actuación de Dj Junior e Cía de mañá.
    Amais déronnos conta dalgunhas novidades para as actividades desta tempada no seu local, que está aberto á colaboración con quen teña algunha proposta.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…