A Asociación Cultural Val de Flores comeza dentro de pouco un novo ano de actividades entre as que se manteñen baile tradicional e tamén gaita e percusión, así como a proposta de playback dos sábados pola mañá.
Dende a nova directiva Fina Fernández, presidenta, José Roso, secretario, e Laura Corgo, unha das vogais, faláronnos tamén das demais actividades e da xuntanza con churrascada prevista para o domingo 1 de outubro.