Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Juan Carlos Blanco e José Manuel Díez, de ACITUI - II Concurso de pintura Pinta Tui
    A segunda edición do concurso de pintura Pinta Tui terá lugar o domingo 8 de outubro. Será unha cita coa arte de 8 horas de duración na que os participantes poderán plasmar calquera aspecto da cidade utilizando distintas técnicas de pintura.
    O evento está organizado polo Concello de Tui e a Asociación de Comerciantes e Industriais da cidade, dende a que Juan Carlos Blanco e José Manuel Díez nos explicaron os detalles desta cita coa arte.
    11 min
  • Ent. Miguel Rodríguez, pte. Comunidade de Montes de Ribadelouro - Presenza de globos incendiarios
    Nos últimos días nos montes comunais de Ribadelouro foron detectados ao menos dous globos incendiarios que caeron en lugares onde había persoas preto, o que permitiu que non se chegara a producir lume no monte. Foron os propios veciños os que deron aviso á Comunidade de Montes e tamén á Garda Civil segundo explicou o presidente da Comunidade de Montes de Ribadelouro, Miguel Rodríguez.
    Facendo públicos este feitos queren pór en alerta á cidadanía para que dean aviso no caso de detectar novos dispositivos.
    8 min
  • Ent. José Martinez Tato, concelleiro Medio Ambiente - Limpeza do centro urbano e do conxunto histórico
    O Concello de Tui ten previsto retirar os contedores de lixo das rúas o próximo mes de outubro, de tal xeito que se colocaran só de 9 da noite a 7 da mañá. Esas serán as horas nas que se poderá depositar o lixo. A medida comezará a aplicarse no conxunto histórico e posteriormente estenderase ao centro urbano. Deste xeito búscase minimizar os cheiros que xeran os colectores e mellorar tamén a imaxe da cidade. Así o explicou hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, quen indicou que teñen a intención de pechar os contedores soterrados xa que son un foco de infección.
    11 min
  • Ent. Víctor Pérez Bugarín - Balanzo de Arraianos 2017
    Balance positivo do festival Arraianos que se celebrou en Tui dende o venres ata este domingo. Dende a organización valoran positivamente o número de actividades ofertadas, a resposta do público… así o explicou esta mañá Víctor Pérez Bugarín.
    Hai actividades que funcionaron moi ben coma as xustas, e outras cuestións que agardan mellorar para o próximo ano.
    7 min
  • Ent. Ana Rodríguez, Ana Montes e Miguel Fernández, veciños de Sta Mª da Guía - Mobilización ante a marcha do párroco
    O pasado luns Gonzalo Otero, que exerce como párroco en Santa María da Guía, en Randufe, comunicaba aos veciños o seu traslado a outra parroquia. Dende ese momento a mobilización en contra foi inmediata.
    Encabezados por un grupo de rapaces os veciños comezaron a recoller firmas e a poñerse en contacto con medios de comunicación para facer forza e intentar cambiar a decisión do Bispado.
    Falamos con Ana Rodríguez, Ana Montes e Miguel Fernández, que forman parte dese grupo de mozos.
    7 min
  • Ent. Alejandro Da Cuña - novo proxecto solidario
    Alejandro Da Cuña “Cuñi” é o autor do libro solidario “Receitas con Historia”, un receitario que recolle pratos da zona do Baixo Miño e da Louriña, e que tivo un grande éxito.
    Agora Da Cuña ten en mente unha nova iniciativa para escribir un libro de vivencias sobre o Camiño a Santiago. Despois de buscar ideas para unha nova acción solidaria decidiu facer o Camiño Francés dende Roncesvalles recollendo a modo de diario a experiencia de cada etapa.
    4 min
  • Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 8, 9 e 10 de setembro
    Esta fin de semana o Betún colabora co Festival Arraianos e serán punto de encontro para que queira facer un decanso durante esta cita coa historia de Tui. Amais esta noite teñen a súa primeira Jam Poética.
    Contóunolo todo Jorge Aldir, que tamén aproveitou a ocasión para adiantarnos un pouco a súa proposta estrela da vindeira semana, cando no Betún actuará o grupo tudense Best Boy.
    8 min
  • Ent. Laurano Alonso, concelleiro de Turismo e Deporte - Balance turístico e Epic Race Pontevedra 2017
    O 2017 está a ser un bo ano para o turismo en Tui dende o punto de vista do concelleiro de Turismo, Laureano Alonso. Nunha entrevista concedida á Radio Municipal fixo un bo balance dos datos dos últimos meses, pero tamén manifestou a súa aposta por desestacionalizar ese turismo que chega á cidade. Amais o concelleiro quixo reivindicar o Camiño Portugués pola costa así como o papel de Tui como cidade da cultura xudía.
    Na temática de deportes falou sobre a Epic Race Pontevedra 2017, unha aposta da Deputación de Pontevedra que ten unha das súas etapas en Tui.
    17 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…